O pasado mes de abril, o investigador Héctor Paz Otero, membro do grupo de traballo do Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez”, participou no “XIX Congreso de novela e cine negro: A (re)invención dun xénero”, organizado pola Universidade de Salamanca. Na súa comunicación, “Un cadáver en el comedor e Intriga. Da metaliteratura á metacinematografía”, o investigador abordou unha análise da película Intriga, dirixida en 1942 por Antonio Román a partir da novela de Wenceslao Fernández Flórez Un Cadáver en el comedor, prestando especial atención á vertente autorreflexiva presente en ámbalas dúas obras, e recapacitando así na influencia da literatura do autor galego na conformación de certos modelos de estilización experimentados pola cinematografía española ó longo dos anos corenta e cincuenta. Deste xeito, a comunicación constitúe a primeira exposición nun congreso dalgunha das principais cuestións estudadas no eido do Proxecto de Investigación.
Presentada unha comunicación vinculada ó Proxecto de Investigación sobre o cinema español posbélico no “XIX Congreso de novela e cine negro” de Salamanca
23/05/2013
Tagged with: Cultura posbélica (+ info)
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas