Estudos Audiovisuais (GEA) é un grupo de investigación consolidado da Universidade de Santiago de Compostela, adscrito ao Departamento de Ciencias da Comunicación e constituído como tal no 2003, que se inscribe no catálogo de Grupos de Investigación da USC en 2005 (GI-1786).
A súa coordinadora é Margarita Ledo Andión e actualmente está integrado por 20 membros, dos cales 6 son investigadores en período de formación e perfeccionamento.
A fundación deste grupo de investigación foi consecuencia lóxica da consolidación do Observatorio do Audiovisual (ODA) que se creou en 1998 no seo do Departamento de Ciencias da Comunicación, e que tomou parte do programa de investigación Tv e inteculturalidade: Comunicación na Periferia Atlántica. Inicialmente, ODA centraba o seu obxecto de estudo na análise sistemática da integración trans-rexional Galiza-Norte de Portugal e tiña como actividades principais a elaboración e publicación de informes bianuais sobre o estado do audiovisual galego.
Co paso do tempo, a consolidacion dos obxectivos fundacionais do ODA deveñen na creación do grupo de investigación Estudos audiovisuais. Comunicación audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía, en 2003 e o traballo constante do grupo posibilitou a sua calificación como Grupo de Potencial Crecemento do Sistema Universitario Galego (SUG) dende 2012 ate a actualidade. O labor de investigación do GEA céntrase nas seguintes liñas de traballo:
– Políticas de comunicación e cultura.
– Espazos xeo-lingüísticos de comunicación.
– Produción de contidos: interactividade e interculturalidade.
– Contidos informativos de radio e televisión.
– Produtos para televisión e tecnoloxías aplicadas á produción.
– Programación e audiencias en radio e televisión.
– Comunicación sen barreiras.
– Análise fílmica: Contextos históricos e sociais.
– Os lugares do cinema: documental e autoría.
– Fotografía: usos e discursos.
– Estudos en música popular.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.