Liñas de investigación
Políticas de comunicación e cultura
- Tratamento das culturas propias da sociedade contemporánea, na súa diversidade, a través da análise das obras audiovisuais que estas, no se afán de construirse e reconstruirse, son capaces de xerar. Tratametno das condicións socioculturais dadas en cada contexto territorial e a súa relación cos medios de comunicación. Aproximación ás formas particulares de producción-ou materialización formal da obra- audiovisual a través da análise textual: reconstrución do traxecto do sentido na obra entendida como depósito de valores culturais. Vinculación da obra audiovisual a movementos sociais, a manifestacións ideolóxicas e reivindicativas e á súa dimensión etnográfica e identitaria. As obras audiovisuais dos pequenos territorios como forma de resistencia á hexemonía cultural e de xeración de contrapoder. O texto audiovisual como espazo de construción de subxectividades, de particularidades e como hábitat da diversidade lingüística.
- Ligazón á publicacións en Políticas de comunicación e cultura
Espazos xeolingüísticos de comunicación
- Un konstructor, é dicir un concepto que admite categorías de tipo político, entradas que terán que ver coa democracia como principio para a relación entre Culturas, co recoñecemento do Outro; que admite categorías económicas, situadas arredor das Industrias Culturais, da circulación de productos e do uso do dispositivo tecnolóxico como satisfacción de necesidades e como signo de certo capital en coñecemento; que requere categorías ideolóxicas para configurar esa area solidaria e controvertida que anomeamos relacións sociais de comunicación.
- Ligazón a publicacións en Espazos xeolingüísticos de comunicación
Produción de contidos: interactividade mais interculturalidade
- Estudo das relacións entre a sociedade da información e as culturas propias. Análise da preservación, da diferenza, influencia e contacto entre culturas por medio da xeración, almacenamento e procesamento da información, nomeadamente das Técnicas de Información e comunicación e, concretamente, no campo audiovisual. Deseño de estratexias para a colocación de produtos culturais nas redes da información.
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Contidos informativos de radio e tv
- Estudo da información radiofónica e televisiva. Características específicas da redacción de cada medio. Análise das diferentes formas de construir a información. Análise e estudo dos diferentes tipos de programas informativos. Tipoloxía e características dos diferentes programas informativos. Técnicas de desño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos.
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Productos para tv e tecnoloxías aplicadas á producción
- Estudo e capacitación para a utilización das tecnoloxías da produción, edición e distribución de produtos audiovisuais en todas as fiestras de difusión. Análise do uso das distintas tecnoloxías audiovisuais en función da especificidad xenérica e das rutinas produtivas
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Programación e audiencias en radio e tv
- Aspectos técnicos e teóricos da función do programador/a en radio e televisión, con profundización e fixación de conceptos, revisión de estruturas e sistemas, interpretación e análise de grellas, así como da súa contextualización en función das cadeas e das estacións, de tipoloxías de mercados, de periodos programáticos, de definición de públicos obxectivos e potenciais, e de sistemas de deseño na aportación de contidos para a súa emisión. Análise de audiencias en prensa, radio, televisión e Internet.
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Comunicación sen barreiras
- Texto curto
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Análisis fílmico: Contextos históricos e sociais
- Texto curto
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Os lugares do cinema: documental mais auditoría
- Pensar no filme como responsabilidade do cineasta, na evolución e usos da linguaxe cinematográfica e a súa representación en imaxes da época na xorde. A análise do cinema como aparato ideolóxico, como industria e como cultura que representa o estado-nación e as distintas culturas que comparten o territorio.Coñecemento das posicións que definen o pensamento documental contemporáneo e achegamentos aos seus aspectos seminais, entendidos como aqueles sobre os que se pode evolucionar cara ás figuras que identifican o cinema do real.
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Fotografía: usos e discursos
- Texto curto
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Estudos en música popular
- Texto curto
- Ligazón a Estudos Audiovisuais
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.