Aproveitando o marco de difusión que constitúe o XIII Congreso Internacional IBERCOM “Comunicación, cultura e esferas de poder”, que se celebra esta semana na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, os membros do grupo de traballo do Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez”, Fernando Redondo Neira, Héctor Paz Otero e Fernando Gómez Beceiro presentarán mañá unhas comunicacións nas que darán a coñecer diferentes aspectos relacionados co obxecto de estudo, avanzando así algúns dos progresos da investigación. Por outra banda, o Investigador Principal do Proxecto, José Luis Castro de Paz, tamén participará no devandito congreso como coordinador da División Temática “Estudos Cinematográficos e Audiovisuais”.
Varios integrantes do Proxecto de Investigación sobre o cinema español posbélico intervirán esta semana no Congreso IBERCOM 2013
29/05/2013
Tagged with: Cultura posbélica (+ info)
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas