-
Margarita Ledo Andión
Coordinadora
margarita.ledo@usc.es
Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade Autónoma de Barcelona e Profesora Catedrática na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Preside a Federación Lusófona de Ciências da Comunicação (LUSOCOM), é Vicepresidenta da Asociación Iberoamericana de Comunicación (IBERCOM) e Presidenta de Honra da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (AGACOM), amais de arquiveira da Real Academia Galega. Nas súas liñas de pesquisa traballa a produción e acceso a bens culturais dende a
diversidade e as políticas de comunicación e as teorías feministas nos universos de creación e a expresión.. Entre as súas publicacións, destaca: Cine de fotógrafos (Barcelona: Gustavo Gili, Barcelona, 2005), Premio Fundació Espais d’Art Comtemporani, e Del CineOjo a Dogma 95 (2004). Pertence ao consello editorial de publicacións científicas como Trípodos, Universitat Ramón Llull, Catalan Journal of Communication and Cultural Studies, Universitat Rovira i Virgil e a Revista Latinoamericana de Comunicación da ALAIC.
http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=844&busca=Margarita%20Ledo
Margarita Ledo en culturagalega.org
-
José Luis Castro de Paz
Investigador
joseluis.castro@usc.es
Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. É autor, entre outros libros, de Vértigo / De entre los muertos (Paidós, 1999), El surgimiento del telefilme (Paidós, 1999), Alfred Hitchcock (Cátedra, 2000), Un cinema herido (Paidós, 2002), Cine y exilio. Forma(s) de la ausencia (Vía Láctea, 2004), Fernando Fernán-Gómez (Cátedra, 2010), Del sainete al esperpento (con Josetxo Cerdán, Cátedra, 2011) ou Sombras desoladas. Costumbrimos, humor, melancolía y reflexividad en el cine español de los años cuarenta (1939-1950) (Santander, 2012). É editor de varios libros colectivos sobre aspectos da historia cinematográfica e en 2006 editou xunto a Julio Pérez Perucha y Santos Zunzunegui, La nueva memoria. Historia(s) del cine español (Via Láctea).
-
Francisco Xabier Vaz Guerrero
Investigador
franciscojavier.vaz@usc.es
Doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
-
Antía López Gómez
Investigadora
antiamaria.lopez@usc.es
Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid. Profesora titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. É autora de varios libros, entre eles: Políticas de comunicación e identidad cultural: estrategias gubernamentales sobre la comunicación social ou La dimensión de lo axiológico en el discurso del spot publicitario. A súa liña de investigación correspóndese coa teoría e análise textual e o estudo das políticas europeas do audiovisual.
-
Enrique Castelló Mayo
Investigador
enrique.castello@usc.es
Doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. É autor de varios libros, entre eles: La producción mediática de la realidad, La decadencia de la narratividad en TV y El espectáculo de lo real en el texto televisivo, sendo as súas liñas principais de investigación a análise de contidos audiovisuais, as metodoloxías de investigación en comunicación e a narratoloxía audiovisual. Na súa andaina profesional destaca o seu paso pola Agencia EFE, Antena 3 TV e o Programa de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación.
-
Ana Isabel Rodríguez Vázquez
Investigadora
anaisabel.rodríguez@usc.es
Doutora en Ciencias da Comunicación e profesora do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. No eido profesional dirixiu os espazos informativos da Televisión Local de Lugo, dirixiu e presentou o programa “Os nosos pobos” en TVE-Galicia, foi coordinadora de contidos da Produtora Ophiusa, S.L. e directora xeral adxunta de Interdix Galicia, S.L., promotora do portal www.galiciadixital.com., Ademais, foi corresponsal de Diario 16 de Galicia. As súas liñas de investigación céntranse no estudo de televisións locais, informativos en televisión, programación e audiencias en televisión, produción audiovisual.
-
Marta Pérez Pereiro
Investigadora
marta.perez.pereiro@usc.es
Doutora pola USC e graduada en Communication Studies pola Universidade de Glamorgan (Reino Unido). Profesora axudante doutora da Facultade de Ciencias da Comunicación (USC), onde imparte materias de Comunicación Audiovisual e Xornalismo. Defendeu a súa tese Modalidades humorísticas na comedia televisiva galega. Humor e ideoloxía na fórmula televisiva da comedia de situación en 2007.
-
Fernando Redondo Neira
Investigador
fernando.redondo@usc.es
Doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor Contratado Doutor na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Autor do libro Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta e coordinador do volume Cidadanía e Documental. Premio Mari Luz Morales de Ensaios breves cinematográficos outorgado pola Consellería de Cultura. Membro da Asociación Española de Historiadores do Cine (AEHC) e da Asociación Galega de Investigadores da Comunicación (AGACOM).
-
Rubén García Díaz
Investigador
Doutor en Comunicación e Industrias Culturais da Universidade de Santiago de Compostela. Profesor Asociado do Departamento de Ciencias de Comunicación da USC. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e Mestrado en Ciencias de Cinema, Radio e Televisión pola Newhouse School of Public Communications de Nueva York. Realizador e director de formatos televisivos.
-
Xaime Fandiño Alonso
Investigador colaborador externo
xaime.fandino@usc.es
Doutor en Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid e Profesor Titular da Universidade de Vigo. Director e realizador de programas para televisión. Autor de diversos libros, entre eles: Manual de Producción Publicitaria en Medios Audiovisuales.
-
Pablo Romero Fresco
Investigador colaborador externo
Contratado Ramón y Cajal na Universidade de Vigo, profesor de Translation and Filmmaking na University of Roehampton e profesor convidado en cursos de posgrado da Universitat Autònoma de Barcelona e a Universidade de Vigo. É autor do volume Subtitling through Speech Recognition: Respeaking (2011), colaborador externo de Ofcom, a axencia estatal británica que avalía a calidade dos subtítulos en vivo no Reino Unido. Colabora con Stagetext e a National Gallery no Reino Unido, Ai-Media en Australia, Swiss TXT en Suíza e a North-West University of South Africa para a implementación do subtitulado accesible en televisión, eventos en vivo, museos, galerías e contornas educativas. Foi membro do primeiro grupo de traballo sobre a accesibilidade aos medios audiovisuais nas Nacións Unidas (ITU). Como membro do grupo de investigación CAIAC, coordinou a parte de subtitulaxe do proxecto europeo DTV4ALL. A súa investigación actual céntrase na unión entre produción audiovisual, tradución e accesibilidad (accessible filmmaking).
-
Amanda Paz Alencar
Investigadora colaboradora externa
alencaramanda@hotmail.com
Licenciada en Comunicación Social (na especialidade de Publicidade e Propaganda) pola Facultade de Comunicación e Xornalismo da Universidade de Fortaleza (UNIFOR-Brasil) en 2004. Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela.
-
María Soliña Barreiro
Investigadora colaboradora externa
-
María Salgueiro Santiso
Investigadora colaboradora externa
maria.salgueiro.santiso@gmail.com
Licenciouse en Xornalismo (na especialidade de Xornalismo Electrónico) pola facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela en 2001. Actualmente, está cursando os estudos de doutoramento en CC. Da Comunicación, e é docente no IES Audiovisual de Vigo.
-
Silvia Roca
IFP
silvia.roca@yahoo.es
É Licenciada en Xornalismo e Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados cun estudo sobre a relación entre o Humorismo e a Comunicación baseado na figura de Siro López.
-
Xan Gómez Viñas
IFP
xan_vinhas@hotmail.com
Licenciouse en Xornalismo (na especialidade de Xornalismo Electrónico) pola facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela en 2004. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados cun traballo de investigación arredor da cineasta Helena Lumbreras. Actualmente, está cursando os estudos de doutoramento en Ciencias da Comunicación.
-
Fernando Gómez Beceiro
IFP
fgbeceiro@gmail.com
É Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, obtendo na devandita universidade o Diploma de Estudos Avanzados na Liña de Investigación Historia e estética do cinema español do programa de doutoramento Publicidade, Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual. Actualmente está a desenvolver na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela a súa tese de doutoramento sobre a obra do cineasta Arturo Ruiz-Castillo, aspecto sobre o que xa ten presentado algunhas aproximacións parciais en diversos congresos e revistas de eido nacional e internacional.
-
Henrique Manuel Neira Pereira
IFP
-
Cibrán Tenreiro Uzal
IFP
cibrantenreiro@gmail.com
É Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo pola Universitat Pompeu Fabra. Actualmente está a desenvolver a súa tese de doutoramento arredor das filmacións dos fans da música pop.
-
Andrés Fraga Pérez
IFP
andres.fraga@usc.es
Graduado en Fotografía e Creación Dixital pola Universidade Politécnica de Cataluña e Máster en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o ano 2004 traballa como fotógrafo para xornais, axencias e revistas galegas e internacionais. Imparte cursos e conferencias e foi impulsor, entre outros proxectos, de 6MPasos e Disquecool. Desde o ano 2012 é profesor asociado de Fotografía Contemporánea na USC e está a traballar na súa tese sobre os álbums de fotografías nos dispositivos móbiles e o seu papel na creación da memoria. As súas investigacións xiran ao redor da relación entre a fotografía e os dispositivos móbiles.
-
Brais Romero Suárez
IFP
brais@sonche.eu
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, e Mestrado en Comunicación e Industrias Creativas pola mesma universidade. É co-director e crítico de cinema en A Cuarta Parede e guionista. Na súa tese de doutoramento explora as relacións entre idioma e identidade no cinema galego.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.