A comezos do presente ano iniciaba a súa andaina o Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez” cuns primeiros traballos dedicados fundamentalmente ó deseño e revisión do marco teórico, abastecemento e estruturación do material que constitúe o obxecto de estudo, e asignación de tarefas concretas ós diferentes membros do equipo. Tendo en conta a abundancia de entidades implicadas no proxecto, durante o pasado mes de abril o Investigador Principal realizou diversas viaxes ás universidades distribuídas pola xeografía peninsular (País Vasco, Comunidade Valenciana e Madrid) para coordinar o labor dos investigadores pertencentes ás devanditas institucións. Deste xeito, sentáronse as bases para unha permanente comunicación entre os integrantes do equipo de traballo, sustentada en plataformas de internet que permitan o intercambio de información, así como futuras reunións co obxecto de supervisar o traballo realizado e organizar as posteriores etapas da investigación.
Efectuadas as primeiras reunións de coordinación entre os membros das diferentes universidades implicadas no Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez”
09/05/2013
Tagged with: Cultura posbélica (+ info)
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas