Seminario “Cara o Espazo Dixital Europeo. O rol das pequenas cinematografías en v.o.”

París (Francia)
4 de decembro de 2015

  • Presentación

    A necesidade de renomear o cinema europeo-identificado como cinema nacional ou cinema de autor- con outros apelativos como <>, <>, <>, ou mesmo <> pode ser interpretada como o síntoma dun acto de resistencia que anticipa un novo paradigma. Da <> (1994) á diversidade, que constitúe a pedra angular do programa Europa Creativa (2014), o cinema en linguas minoritarias vén a reforzar o compromiso colectivo de definir e ocupar o lugar xeopolítico que lle corresponde. A tal efecto, desenvólvense unha serie de estratexias que implican tanto ás institucións, como ao sector profesional e á comunidade científica. Dende esta perspectiva, tres novas variables están a ser desenvolvidas nos estudos do cinema:
    1. As nacións sen estado e as pequenas nacións como categoría analítica e coma territorio político
    2. As linguas mintoritarias (ou minorizadas)
    3. O filme como axente na construción de ‘comunidades imaxinadas’.

    O simposio forma parte das actividades de difusión proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.

    O Centre d’Études sur les Médias, les Technologies et l’Internationalisation da Université París 8 acolle este seminario que contará coa participación de Margarita Ledo Andión. Jacques Guyot, do CEMTI, será o encargado de dinamizar o debate.

  • Programa
  • Contacto
    Silvia Roca. Grupo de Estudos Audiovisuais.

    Facultade de CC. da Comunicación
    Universidade de Santiago de Compostela
    Avda. Castelao s/n
    15782 – Santiago de Compostela
    A Coruña
    T. +34 881 816 598

    Información
    e-mail: estudosaudiovisuais.usc@gmail.com
    e-mail: jacques.guyot@univ-paris8.fr

Publicado en Congreso, Próximo congreso