Margarita Ledo, profesora da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, será a encargada de dar a ponencia inaugural do Small Cinema Conference: Diversity in Glocal Cinemas. Language, Culture, Identities, que terá lugar nas cidades de Bilbao e San Sebastián entre o 20 e o 22 de setembro do 2017. Margarita Ledo é unha das poñentes convidadas xunto co profesor emérito Ib Bonderbjerg, da Universidade de Copenhague.
O congreso Small Cinemas que terá lugar no País Vasco entre os días 20 e 22 deste mes de setembro centra o seu estudo no campo dos cines glocais. Entre as súas liñas de investigación destacan aquelas que estudan o cine internacional e da diáspora, os cinemas pequenos e as novas direccións nos estudos de cines, a diversidade lingüística ou a representación da diversidade no cinema glocal e a relación destes cinemas coa industria.
Máis información na web do congreso.