Como estaba previsto, o pasado venres presentaronse na Sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez os libros Tragedias de la vida vulgar. Adaptaciones e irradiaciones de Wenceslao Fernández Flórez en el cine español e El malvado Carabel: literatura y cine popular antes y después de la Guerra Civil, que recollen importantes traballos de investigación desenvoltos no Proxecto Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España).
O acto estivo presidido polo Investigador Principal do Proxecto e Presidente da Fundación WFF, José Luis Castro de Paz, e contou coa presenza dos presidentes de honra da Fundación (Wenceslao e Antonio Luis Fernández Flórez), a vicepresidenta da Deputación da Coruña (Mariel Padín), o alcalde de Cambre (Manuel Rivas Caridad), así como os destacados historiadores do cinema Jean Claude Seguin (presidente honorífico do Grimh) e Julio Pérez Perucha (presidente da Asociación Española de Historiadores do Cinema), que reflexionaron sobre a importancia dos volumes presentados e reivindicaron a influencia cinematográfica da obra do escritor coruñés nun coloquio con gran asistencia de público.