Poden os videoxogos afectar negativamente á nosa vida en sociedade? A charla abrangue dende o sexismo nos videoxogos ata o duro ambiente dos videoxogos de competición, pasando polos videoxogos dun só xogador, que están volvendo pola popularidade dos videoxogos en plataforma móbil.
A xornada terá lugar o venres, 10 de outubro, ás 11:00h. na Aula 0 da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.
Dhaunae De Vir viviu a súa nenez e mocidade na comarca dos Ancares, feito que influiría fondamente nas súas inquietudes posteriores e na súa forma de afronta-lo mundo ó saír de Galicia. Formouse en ADE e máis en Enxeñería Informática e pasou varios anos traballando para empresas do sector da tecnoloxía namentres, ocupacións que compaxinaba con empregos ocasionais de índole artística.
A súa curiosidade innata e o seu espírito emprendedor levárona funda-la súa propia empresa de tecnoloxía tras atopar un novo nicho de mercado. Anos despois, vendería esa empresa para marchar a Londres co obxectivo de remata-la novela de ciencia-ficción na que estaba implicada.
Non completamente satisfeita co sistema universitario español, decide proba-lo mundo académico británico matriculándose nun Máster en Deseño de Videoxogos. O seu pasado como videoxogadora de competición inflúe na decisión case inmediata de fundar unha empresa de creación de videoxogos, na que aínda traballa.
Na actualidade, compatibiliza a producción de videoxogos coa producción de cinema e literaria. Este mesmo ano, gañou un BAFTA New Talent cunha das súas series, e outra curtametraxe quedou nominada ó mesmo galardón. O seu videoxogo máis ambicioso ata a data áchase en fase de prototipado e dise que revolucionará o mercado dos videoxogos competitivos.
Trailer Judas Goat. Premio BAFTA New Talent
Trailer Sunsets and Silhouettes. Curtametraxe candidata aos premios BAFTA New Talent