A revista científica Fonseca: Journal of Communication escolle un texto dos profesores Antía Mª López e Enrique Castelló como publicación destacada nas súas redes sociais. O texto, que expón, empregando o exemplo danés, como formular o desenvolvemento cultural en Europa ao respecto das cinematografías minoritarias e minorizadas, está dispoñible en versión dixital na web da revista.
Fonseca: Journal of Communication é unha revista de publicación semestral, indexada en ESCI/WOS e ocupaba o número 19 do ranking internacional de revista de Comunicación en castelán no 2016.