A Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores en Comunicación (AGACOM) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) veñen de publicar o último número do Anuário Internacional de Comunicação Lusófona, correspondente aos anos 2015 e 2016. O volume, dirixido por Margarita Ledo Andión, ten por título Metodologias da pesquisa, cibercultura,regulação e cooperação retoma as premisas que inspiraron o XII Congreso LUSOCOM/IIICongreso MEDIACOM, celebrado en Praia, a capital de Cabo Verde, do 19 ao 21 de outubro de 2016 e reúne as aportacións de académicos de disciplinas e procedencias diversas co obxectivo de “procurar modelos de cooperación dende a diferenza, de debater sobre a regulación como mecanismo garante da literacia mediática e como parte do dereito a comunicar, e de facelo so o signo de múltiples voces, da aposta intercultural e da relación entre iguais a partir de situacións e necesidades diferentes”.
A nova entrega do Anuário, editada por Margarita Ledo, Francisco Campos, Carlos Toural, Xosé Rúas,Ana Isabel Rodríguez, Carmen Costa e Maria Salgueiro, está dispoñible na web da AGACOM.


