A finais do vindeiro mes de novembro celebrarase en Bilbao o XIV Congreso Internacional da Asociación Española de Historiadores do Cine, que nesta ocasión xirará arredor da relación da noción de xénero coa evolución da cinematografía española, co título “De Cimientos y Contrafuertes. El papel de los géneros en el Cine Español”. Aproveitando o importante eido de difusión que constitúe o congreso, preténdese una ampla representación de estudos vinculados ao Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez”. Así, o propio Investigador Principal, José Luis Castro de Paz, aproveitará a ocasión para presentar publicamente as claves da investigación á comunidade científica encargada da historiografía e a análise do cinema español. Ademais, está previsto que varios membros do plan de traballo procedentes de diferentes universidades interveñan nas seccións oficiais con tres relatorios (Héctor Paz Otero e Fernando Gómez Beceiro da Universidade de Santiago de Compostela, e Alejandro Montiel Mues da Universidad Politécnica de Valencia) e unha comunicación (Sonia García López da Universidad Carlos III de Madrid) nas que exporán diversos aspectos analizados ao abeiro do Proxecto.
O próximo Congreso da AEHC contará cunha ampla participación de estudos realizados no Proxecto de Investigación sobre a pegada de Wenceslao Fernández Flórez no cinema posbélico
18/10/2013
Tagged with: Cultura posbélica (+ info)
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas