Coincidindo co cincuenta aniversario do pasamento de Wenceslao Fernández Flórez, a comezos da primavera de 2014 celebrarase un simposio que xirará arredor de cuestións esenciais do Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez”, e que estará dirixido polo Investigador Principal, José Luis Castro de Paz. O encontro levará por título “Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Pegada de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español” e a el acudirán varios membros do equipo do proxecto, así como destacados expertos en disciplinas afíns ao obxecto do estudo e que enriquecerán a investigación coas súas contribucións. Posteriormente, tódalas achegas do simposio serán editadas nun volume que servirá de eixo central ao proxecto. Polo de pronto, podemos confirmar que a conferencia inaugural correrá a cargo de José-Carlos Mainer e versará sobre a figura do escritor coruñés vista dende os nosos días.
O Proxecto de Investigación sobre a pegada de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español posbélico prepara un simposio de cara á vindeira primavera
15/10/2013
Tagged with: Cultura posbélica (+ info)
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas