Enrique Castelló, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, recibirá un galardón outorgado pola Consellería de Sanidade a través da Axencia de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos pola súa contribución á doazón de sangue en Galicia a través do proxecto APS, do que Castelló foi director. A entrega do premio terá lugar o día 14 de xuño ás 18:30 h no Museo Gaiás, situado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
A Aprendizaxe-Servizo (ApS) pode ser descrita como unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social. Máis información na web do proxecto.