Do 12 ao 17 de xullo a International Association for Media and Communication Research celebra en Montreal unha nova edición do seu congreso anual. Con sé na Université du Quebec á Montreal (UQAM) e baixo o título “Hexemonía ou resistencia, o papel ambiguo da comunicación”, o congreso aborda as diversas formas de concepción do termo ‘comunicación’ na sociedade contemporánea, en tanto valor vencellado a un ideal de transparencia social e de comunidade e en tanto ameaza en termos de dominación global. Neste contexto, o investigador do Grupo de Estudos Audiovisuais Fernando Redondo Neira, presenta o martes 14 de xullo a comunicación “Contemporary conflicts and videos on the internet between fascination and knowledge”. Por outra banda, investigadoras do proxecto de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión original.” (MINECO, CSO2012-35784), tamén tomarán parte como ponentes do evento. Ana Isabel Rodríguez, María Soliña e Miren Manias presentan o luns 13 de xullo a comunicación “Crever l’hégémonie à la distribution filmique: langues minorisées et la distribution numérique”. O xoves 16, Margarita Ledo, Antía López e Marta Pérez defenden o traballo “An Act of Resistance: The Cinema of Small and Stateless European Nations in ‘Minor’ Languages”.