O GEA propón alternativas para mellorar a difusión do audiovisual galego na Lusofonía
02/09/2011

Os filmes e producións audiovisuais realizados en lingua galega atopan unha boa receptividade nos países do ámbito lusófono. Porén, a escaseza de plataformas e espazos para o acceso dende estes países aos produtos culturais galegas dificulta a súa circulación fóra das nosas fronteiras.

O grupo de investigación de Estudos Audiovisuais (GEA), que dirixe a catedrática Margarita Ledo no departamento de Ciencias da Comunicación, fai estas valoracións a modo de conclusión do primeiro proxecto de investigación arredor das barreiras que dificultan a correcta circulación de produtos audiovisuais galegos nos países lusófonos, entendendo este como un espazo-proxecto para a circulación e o intercambio da comunicación e a cultura. Este será ademais o eixo temático do relatorio que abrirá o IX Congreso Internacional da Comunicación Lusófona que se celebra en Sao Paulo entre os días 4 e 6 de agosto.

Sendo a dispersión xeográfica unhas das características da comunidade lusófona, o grupo recomenda á vista dos resultados alcanzados o uso de Internet como plataforma de difusión e punto de contacto da poboación coa produción cultural galega.

Segundo os investigadores, a visibilidade da produción cultural e audiovisual en lingua galega pasa por establecer programas concretos, a curto e medio prazo, coa lingua como elo de unión, como por exemplo mostras, ciclos e lugares coa conseguinte difusión en medios de comunicación convencionais. Neste mesma dirección, o GEA tamén apunta a creación dun ‘Instituto Rosalía’ con implantación en cidades como Bahia, Sao Paulo, Porto ou Luanda, ou os acordos de programas culturais bilaterais, incluídas as televisións públicas.

No ámbito empresarial, os investigadores avogan pola creación dun apartado específico dedicado á Lusofonía na páxina web da Televisión de Galicia; ou pensar no mercado lusófono como un espazo de negocio ao que orientar unha liña de subtitulado aínda non desenvolvida empresarialmente en Galicia. Ademais, o traballo desenvolvido chama a reparar na literatura como “icono central dunha cultura” así como a ter en conta a receptividade observada no desenvolvemento da investigación arredor do cinema de animación.

A investigación
Lusofonía, interactividade e interculturalidade’ desenvolveuse ao longo dos últimos tres anos, dende 2009 en liña con centros universitarios de Brasil, Portugal e Guinéa-Bissau. A través dunha web, o grupo someteu mostras do audiovisual galego á valoración de alumnos e profesores de universidades dos países colaboradores, que debían cubrir unha serie de cuestionarios.

Ademais, o proxecto contou dende un principio co interese de diversas empresas representativas do audiovisual galego cuxas achegas e suxestións permitiron enfocar estratexicamente determinadas liñas da investigación de maneira que, explican os investigadores, tamén fose operativa para o sector empresarial. Televisión de Galicia, Cinemar, Merlín Comunicación, Bren Entertainment e Imaxin|Software foron as entidades asociadas ás que o GEA ofreceu recomendacións concretas para facilitar a súa introdución no mercado lusófono.

Rede virtual pioneira
Tomando como alicerces fundamentais a aplicación das novas tecnoloxías e as redes sociais ao proceso investigador, creouse unha intranet de xestión específica para o proxecto que permitiu unha relación dinámica dos membros do equipo de investigación cos profesores e estudantes dos grupos de recepción.

A plataforma serviu de soporte para diversas pezas representativas do audiovisual galego, escolmadas dende o GEA, que foron reproducidas en streaming polos grupos de recepción, activándose de xeito automático diversos cuestionarios de análise respondidos on line. A propia experiencia investigadora significou o establecemento dunha rede virtual pioneira no intercambio de coñecemento no ciberespazo lusófono contribuíndo á existencia de espazos tecnolóxicos e sociais abertos ao debate.

O equipo investigador que levou a cabo a investigación, dende o Grupo de Estudos Audiovisuais, estivo integrada pola catedrática Margarita Ledo como investigadora principal, os profesores Francisco Campos, Enrique Castelló, Marta Pérez, Ana Isabel Rodríguez e Xosé Pereira (colaborador), e os licenciados Xan Gómez, Amanda Paz, Silvia Roca e María Salgueiro.

Publicado en nova, Últimas novas

Axenda

    • XIII Congreso LUSOCOM “Comunicación e información para o desenvolvemento”
    • ESMAD Summer School
    • Curso de verán “We mean: Nós e o cinema documental contemporáneo”
    • I Seminario A Crítica Experimental
    • Chamada de traballos XIII Congreso LUSOCOM “Comunicación e información para o desenvolvemento”
    • Call for Papers: Galician Interdisciplinary Studies
    • Alén Das Fronteiras: Redes Na Diversidade
    • Chamada de traballos XV Congreso Ibercom 2017: “Comunicación, Diversidade e Tolerancia”
    • Congreso Internacional sobre Pequenas Cinematografías: Diversidade en Cinemas Glocais: Lingua, Cultura, Identidade
    • Congreso Identidades en Transición, Universidade de St. Andrews
    • Límite para enviar as propostas para os Premios Mari Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual
    • Deadline para a chamada de comunicacións para o Congreso Small Cinemas
    • Deadline para a chamada de comunicacións para o Congreso AGACOM 2017: Alén Das Fronteiras: Redes Na Diversidade
    • Congreso Internacional CONFOCO 2017: Fotógrafas: mulleres trala cámara
    • Deadline para a chamada de comunicacións para o CONFOCO 2017
    • Coloquio Cultures de Résistance
    • Proxección: Unha rosa para Soler
    • Fin do congreso LUSOCOM
    • Deadline para o envío de artigos ao Anuário LUSOCOM
    • Congreso AEIC Madrid
    • Peche do Ciclo Vida en Sombras. O cinema español no labirinto
    • Intervención de Marta Pérez Pereiro no Festival Primavera do Cine de Vigo
    • Peche cfp XII Congresso Internacional LUSOCOM
    • Peche envío propostas completas AE-IC Madrid 2016
    • Margarita Ledo participa no IV Encontro de Cinema do Festival de Málaga
    • VII Congreso Latina de Comunicación Social
    • Seminario EDCINEMA en París
    • I Seminario Internacional Xescom
    • Conferencia de Marta Pérez no @BangorSMLC
    • Remata o Simposio: EDCINEMA. Cardiff
    • Comezo do Simposio: EDCINEMA. Cardiff
    • Peche do II Encontro Cidadanía e Comunicación
    • II Encontro Cidadanía e Comunicación
    • Peche do envío de traballos para o monográfico “Renaming itself” da Revista Fonseca
    • Margarita Ledo imparte un seminario sobre imaxe documental no Festival Filmes do Homem de Melgaço
    • Ponencia de Margarita Ledo no IAMCR 2015
    • Ponencia de Fernando Redondo Neira no IAMCR 2015
    • Ponencia de Maria Soliña Barreiro no IAMCR 2015
    • GEA participa no IAMCR 2015
    • Peche do curso de Innovación en Escenografía Virtual Avanzada
    • Curso de Innovación en Escenografía Virtual
    • Margarita Ledo no Ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020
    • GEA promove o convenio entre USC e Clag
    • GEA participa no XIV IBERCOM
    • GEA participa en ECREA 2014
    • Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias
    • GEA coordina sesión sobre financiamento de proxectos musicais
    • GEA organiza sesión sobre Videoxogos e Xénero
    • GEA organiza Xornada sobre WFF en Lyon
    • Margarita Ledo, docente nos cursos de verán da AEIC
    • Margarita Ledo participa no INTERCOM 2014
    • Curso de verán: O compromiso dos intelectuais
    • Peche do prazo de inscrición dos cursos de verán AE-IC
    • GEA participa no CONFIBERCOM 2014
    • GEA participa no LUSOCOM 2014
    • Galician Connection
    • Envío textos completos LUSOCOM 2014
    • Congreso AEIC 2014. Bilbo
    • Congreso MEDIACOM 2013. Cabo Verde
    • CULTURGAL 2013
    • Peche call for papers LUSOCOM 2014
    • Congreso Internacional A.E.H.C. Bilbo
    • Workshop Diversidade Audiovisual. Madrid
    • Xornadas eDCINEMA. Workshop Paris 2013
    • Conferencia Internacional NORDMEDIA 2013. Oslo
    • Conferencia Internacional INTERFACES DA LUSOFONIA
    • Comezo do Curso de Gravación Musical
    • Conferencia Internacional IAMCR 2013. Dublín
    • Peche do IBERCOM 2013