O Grupo de Estudos Audiovisuais amosa a súa preocupación ante a inminente desaparición do espazo Diario Cultural da grella da Radio Galega e demanda a Dirección da Radio Galega a continuidade do programa. O espazo, dirixido na actualidade por Ana Romaní, era un dos poucos ocos da grella da radio pública na que se atendía de forma diaria a actividade cultural de Galicia.
Despois de 28 anos facendo un servizo público, hoxe o Diario Cultural ve ameazada a súa existencia nunha Radio Galega que, nesta reestructuración, suprimirá tamén os informativos locais obrigando a que todos os contidos pasen polo control da redacción central.