O pasado mes de xuño as Universidades de A Coruña e Santiago de Compostela acolleron o XIV Congreso Internacional de Literatura Española Contemporánea, dedicado nesta ocasión á cuestión social na literatura, o cinema e a prensa. Proseguindo co labor de difusión dos avances do Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez”, tres membros do grupo de traballo participaron no congreso con dúas comunicacións relacionadas co eido do estudo. Así, o xoves 20, Fernando Gómez Beceiro e o Investigador Principal, José Luis Castro de Paz, presentaron “Shanti Andía en el cine español posbélico. El complejo debut de Arturo Ruiz-Castillo”, mentres que o venres 21 foi a quenda de Héctor Paz Otero e, de novo, J. L. Castro de Paz co “Estudio analítico, histórico y textual, del film Ha entrado un ladrón (1949), de Ricardo Gascón”. En ámbalas dúas intervencións afondouse nos modos de estilización configurados nas películas españolas dos anos corenta, así como na influencia da literatura de Wenceslao Fernández Flórez no cinema do devandito período.
Novas comunicacións vinculadas ó Proxecto de Investigación sobre o cinema español posbélico no XIV Congreso de Literatura Española Contemporánea
08/07/2013
Tagged with: Cultura posbélica (+ info)
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas
Publicado en Cultura posbélica (+ info), nova, nova de investigación, Últimas novas