O grupo de Estudos Audiovisuais da USC ofrece neste volume os resultados do proxecto de I+D+i Cine, Diversidade e Redes, realizado co apoio do Ministerio de Economía e Competitividade de Goberno de España (ref. CSO2009-13702). O proxecto conta coa colaboración do Instituto Universitario Nacional del Arte (Arxentina), a Universidad Nacional de Quilmes (Arxentina), a Pontificia Universidade Católica de Río Grande do Sul (Brasil) e a Universidad de la República (Uruguai) amais da Federación de Sociedades Gallegas de Arxentina e o Patronato da Cultura Galega de Uruguai.
Margarita Ledo Andión, directora principal do proxecto, presenta unha compilación de textos científicos arredor das políticas da diversidade e os novos modos de consumo cultural. O prólogo da edición, asinado por Alfonso Gumucio, pode descargarse aquí.