A multinacional de telecomunicacións Movistar + anunciou por Twitter que está a traballar na inclusión de subtítulos en lingua galega na súa plataforma. Esta mensaxe foi recibida con ledicia por organizacións como A Mesa pola Normalización Lingüística, que destacaron que “incorporar os subtítulos en galego supón que as galegas e os galegos terán a posibilidade de escoller a súa lingua propia”.
A importancia do subtitulado en linguas non hexemónicas, así como a necesidade de que entidades privadas como Movistar+ comecen a incluír os subtitulos nestas linguas, é un dos eixos arredor dos que xira o proxecto do Grupo de Estudos Audiovisuais ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas‘, e foi unha das conclusións extraídas do recente Foro Internacional ‘As Linguas e o Cinema’ que se celebrou no mes de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.