A investigadora do Grupo de Estudos Audiovisuais Marta Pérez Pereiro intervirá como oradora no coloquio “Vías de colaboración entre o cinema galego e o lusófono” organizado no marco do Festival Primavera do Cine de Vigo. O debate, que terá lugar o sábado 21 de maio ás 18:00 horas no Auditorio do Instituto Camões, centrarase nas relacións existentes entre a cinematografía galega e a dos países da área lusófona na produción, a distribución e a exhibición cinematográficas e aboradará, asemade, o emprego das tecnoloxías emerxentes como soporte de difusión destas culturas. Na sesión, coordinada polo director do Instituto Camões, Joao Ribeirete, participarán Artur Barros (director do Festival de Cine de Braga), Mario Micaelo (Director do Festival de Curtas de Vila do Conde) e o guionista, investigador e director da extinguida Axencia Galega do Audiovisual, Manolo González.
Máis información na web do festival
Máis información na web do festival