O Grupo de Estudos Audiovisuais e o Departamento de Fotografía da EASD Mestre Mateo organizan a presentación do documental Una Rosa para Soler, que rescata a figura do compositor Antonio Soler, figura fundamental da música española para clave e órgano do século XVIII.
A coordinadora do GEA, Margarita Ledo Andión, presentará o acto, que contará tamén coa presenza de Arantxa Aguirre Carballeira, autora do filme, e Rosa Torres-Pardo, pianista e produtora do mesmo. Ademais da proxección, Torres-Pardo ofrecerá un pequeno recital de composicións de Soler. O acto é aberto e terá lugar no Paraninfo da Facultade de Historia da USC o mércores 2 de novembro ás sete da tarde. Ao finalizar abrirase un coloquio co público moderado polo xornalista e profesor Xoán Luaces Fandiño.