A Revista Científica de Información e Comunicación (IC) organizou para o próximo 9 de novembro un seminario co título “Visualidades en tensión”. Terá lugar de 10:30 a 13:30 no Salón de Graos da Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla, e nel participará a coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo.
No seminario, a organización procura a reflexión sobre a extensión actual da produción e difusión audiovisual por parte dunha variedade de actores que van dende o grupo terrorista ISIS aos colectivos indignados como #NuitDebout, pasando por persoas que difunden momentos da súa vida privada, partidos políticos, institucións ou ONGs. Margarita Ledo presentará alí o relatorio “Acciones (in)diferentes, tensiones latentes”. Ademais dela, intervirán Remedios Zafra (Universidade de Sevilla) e Concha Mateos (Universidad Rey Juan Carlos), e proxectarase o documental Contramarea (Carlos Escaño e María Iglesias, 2016).