Margarita Ledo, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, participa no curso de verán da UPV/EHU “We mean: Nós e o cinema contemporáneo” este próximo 6 de xuño cunha ponencia co nome “O corpo e a cámara”. Este curso, que forma parte do proxecto Territorio y Fronteras, busca un espazo para a reflexión, o debate e o visionado de filmes recentes fomentando a relación, discusión e intercambio entre academia, cineastas e público, ademais de crear un contorno favorable para o intercambio de experiencias e coñecementos.
O curso “We mean: Nós e o cinema contemporáneo” propónse seguir profundizando nas mesmas preguntas que se formularon desde o comezo do proxecto: que supón facer cinema contemporáneo? Quen fai ese cinema hoxe? Como facer un cinema persoal? E nós… que temos que dicir en todo isto?
A matrícula está aberta ata o día 6 de xuño a través da web da UPV