Margarita Ledo, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, imparte este venres 4 de Maio unha clase co título “Cinema vs. Realidade” no Master de Cine e TV da Universidade Carlos III de Madrid.
A participación da profesora Ledo Andión forma parte da política da UCM de conectar aos seus alumnos con profesionais do sector de prestixio e cunha traxectoria salientable.