Non é algo novo. O Consello da Cultura Galega xa promoveu dende finais de 2009 un proceso de debate e, mesmo, de “remuíño de ideas” arredor da situación da cultura galega, dos problemas que os seus actores identificaban como tales e das propostas de futuro que desta se poden albiscar. Máis de trescentas persoas participaron no proceso, tanto nos debates realizados en 2010 como nos cuestionarios remitidos polo equipo técnico, e cuxas conclusións deron lugar en 2011 ao documento Reflexión estratéxica sobre a cultura galega.
Nesta ocasión, un lustro despois, son as políticas culturais, a xestión, a industria e o mercado cultural no horizonte Europa 2020 os que se someterán a debate. Trátase de tres xornadas de reflexión nas que contaremos coa presenza de relevantes investigadores que nos permitirán afondar nas claves do sector cultural galego nos vindeiros anos e dende unha perspectiva global. A primeira sesión tivo lugar o pasado martes 24 de marzo e centrouse nas Políticas Culturais, e a Segunda, sobre a XESTIÓN CULTURAL, o 26 de maio. A última sesión terá como foco a INDUSTRIA E MERCADO CULTURAL o próximo 16 de xuño.
PROGRAMA
Terceira sesión: INDUSTRIAS E
MERCADO CULTURAL
Martes, 16 de xuño
Coordinación: Margarita Ledo, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela
16:30 horas
Presentación da sesión
16:45 horas
Desafíos da cultura no ecosistema comunicativo do século XXI
José Teixeira Coelho Netto, profesor de Política Cultural da Escola de Comunicação e Artes da Universidade de São Paulo e comisario da Bienal Internacional de Curitiba 2015
17:45 horas
Pausa
18:00 horas
Paz Castro, Editorial
Kalandraka
18:30 horas
Emma Lustres, Vaca Films
19:00 horas
Asunta Rodríguez, Galería
Trinta
19:30 horas
Debate final e conclusións