A profesora e coordinado do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión, formará parte do xurado do festival de cinema Filmes do Homem que ten lugar en Melgaço do 30 de xullo ao 5 de agosto. A súa participación únese a de outros profesionais como Jasna Krajinovic, Luciana Fina, Luís Miguel Oliveira e Ricardo Vieira Lisboa, xunto aos que outorgará Prémio Jean Loup Passek o día 5 de agosto.
Toda a información sobre o festival, así como o programa de filmes, pódese consultar na súa web.