Tras o éxito de repercusión do Simposium Internacional Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español organizado a finais do pasado mes de marzo ao abeiro do Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España), o Investigador Principal do Proxecto, José Luis Castro de Paz, participou o domingo 20 de abril no programa cultural Zigzag – Eirado da Televisión de Galicia nunha entrevista sobre a vinculación da obra de Fernández Flórez co cinema español.
Na súa intervención, Castro de Paz referiuse á decisiva influencia do escritor galego, sintetizando a súa longa relación co cinema español dende os años vinte ata as famosas adaptación de “El bosque animado”, facendo especial fincapé nas dúas décadas posbélicas, que acolleron o maior número das translacións dos seus textos á pantalla.
Prolongando os actos iniciados co pasado Simposium e o ciclo paralelo programado polo CGAI – Filmoteca de Galicia, a emisión do programa coincide nestas datas co cincuentenario do pasamento do escritor coruñés o 29 de abril de 1964.