O Investigador Principal do Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez, (CSO2012-34648. Ministerio de Economía e Competitividade. Goberno de España. Plan Nacional de I+D+i 2013-2015), José Luis Castro de Paz, acaba de ser elixido novo presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez. O catedrático de Ciencias da Comunicación e membro do Grupo Estudos Audiovisuais toma deste xeito o relevo á fronte da entidade do anterior presidente e membro fundador Antonio Montero Carro, trala súa dimisión o pasado mes de setembro por motivos persoais.
A institución de Cambre xa tiña colaborado co Proxecto como demostra a súa implicación na celebración do Simposium Internacional Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español, pero con este feito a relación resultará aínda máis fortalecida xa que tamén formarán parte do novo padroado os integrantes do equipo Xosé María Dobarro Paz, José María Folgar de la Calle e Héctor Paz Otero.
Trátese polo tanto dunha nova de grande interese para o Proxecto dado o alcance cultural e a repercusión que acadarán as investigacións que se están a realizar no seu seo, así como a posibilidade de emprender futuras accións desde unha íntima cooperación entre o Grupo Estudos Audiovisuais e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez.