-
Presentación
Traer para o debate e pór en relación todas as variábeis que poidan contribuír á construción de novas audiencias é o obxectivo deste foro de expertos e expertas de varios países e do medio profesional, académico e creativo.
A diferenza, neste caso, establécese arredor das pequenas nacións como espazos comunicativos, do cinema en V.O. e de situacións nas que a lingua propia a pesares de non ser minoritaria está minorizada. Abórdanse, asemade, as políticas da diversidade non soamente como recoñecemento senón como accións concretas que garantan a expresión e a difusión das obras.
O Foro é parte do proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión. -
Programa
-
XOVES 23 DE OUTUBRO
16:00 horas | Recepción.
Aula 0
-
16:30 horas | Cine de pequenas nacións, alfabetización fílmica e novas audiencias.
Aula 0Coord.: Xosé Soengas (USC)– Exposición dos obxectivos do foro
– Presentación do proxecto “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en V.O.” (MINECO. CSO2012-35784)Interveñen:
• Margarita Ledo Andión (USC)
• Antía López Gómez (USC)
-
17:30 horas | Para unha cartografía crítica das cinematografías nacionais europeas
Aula 0Coord.: Amanda Paz Alencar (Universiteit Van Amsterdam)-Coñecer a situación de pequenas cinematografías para avaliar o rol da diversidade nas políticas públicas de apoio ao cinema na contorna europea.
-Identificar os problemas de visibilización deses cinemas no Espazo Dixital Europeo.Interveñen:
• Marta Pérez Pereiro (USC)
• Pietari Kääpä (University of Stirling).
• Steve Blandford (University of South of Wales)
-
19:00 | Pausa
-
19:15 horas | Proxección: “Read the Masks. Tradition is not given”. (Dir. Petra Bauer e Annette Krauss. 2009. 80′)
Auditorio
-
VENRES, 24 DE OUTUBRO
10:00 horas | Alfabetización fílmica e Novas Audiencias
Aula 0Coord.: Vítor Reia Baptista (Universidade do Algarve)
– Novas audiencias para un cinema libre de estándares.
– Novas linguaxes e producións culturais con escasa visibilidade no mercado.
– A alfabetización fílmica como factor chave para a creación de novos públicos.Interveñen:
• Mark Reid (British Film Institute)
• Ian Wall (Film Education)
• Florine Wiebenga (Eye Film Institute)
-
11:30 horas | Pausa
-
12:00 horas | Cara un cinema sen barreiras
Aula 0Coord.: Marta Pérez Pereiro (USC)O acceso á diversidade no cinema baixo diferentes perspectivas:
-A accesibilidade de diferentes colectivos como produtores de cinema
-Experiencias de superación de barreiras físicas, comerciais, lingüísticas, políticas do cinema
-Os diferentes modos de confrontar a exclusión nos filmes
Interveñen:
• Pablo Romero Fresco (University Roehampton)
• Federico Spoletti (Sub TI)
• Virginia Villaplana (Universidad de Murcia)
-
13:30 horas | Proxección: “Subtramas” (Dir. Virginia Villaplana, Diego del Pozo e Montse Romaní. 2014. 70’)
Auditorio
-
16:30 horas | Itinerarios para a circulación dos pequenos cinemas
Aula 0Coord.: Patxi Azpillaga (Euskal Herriko Unibersitatea)
– Novas pantallas, novos modos de acceso para a accesibilidade dos novos cinemas.Interveñen:
• Marijke de Valck (Universiteit Van Amsterdam)
• Luz Delgado (Europa Cinemas) e Juan Heras (Cines Van Dyck)
• Aida Vallejo Vallejo (Euskal Herriko Unibersitatea)
-
17:30 horas | Conclusións
Aula 0Coord.: Enrique Castelló Mayo (Universidade de Santiago de Compostela)
-
18:00 horas | Pausa
-
18:15 horas | Proxección: Premios Alfabetización Audiovisual. ICAA
Auditorio“Persoas” (IES Cacherias-Teo. 2013. 15’)
“Massó no recordo” (CEIP A Rúa Cangas. 2013. 20’.)
-
19:30 horas | Proxección: “Negra blanca” (Imma Benavente, Helena de Llanos, Miguel A. Rodriguez, Elsa Barreras, Irene Núfar, Ángel Monpeán, e Nacho Valero. 2013. 90’)
Auditorio
-
-
Comité organizador
-
Comité organizador– Margarita Ledo Andión (USC): Presidenta
– Ana Isabel Rodríguez (USC): Secretaria
– Silvia Roca Baamonde (USC): Secretaría Técnica -
Vogais– Enrique Castelló Mayo (Universidade de Santiago de Compostela)
– Xaime Fandiño Alonso (USC)
– Antía López Gómez (USC)
– Amanda Paz Alencar (Universiteit Van Amsterdam)
– Marta Pérez Pereiro (USC)
– Xosé Soengas Pérez (USC)Comité científico-
-Margarita Ledo Andión (USC)
-Francisco Javier Azpillaga Goenaga (Euskal Herriko Unibersitatea)
-Steve Blandford (University of South Wales)
-Demetrio Brisset Martin (Universidad de Málaga)
-Enrique Castelló Mayo (USC)
-Xaime Fandiño Alonso (USC
-Begoña Gutiérrez San Miguel (Universidad de Salamanca)
-Antía López Gómez (USC)
-Amanda Paz Alencar (Universiteit Van Amsterdam)
-Marta Pérez Pereiro (USC)
-Vitor Reia-Baptista (Universidade do Algarve)
-Ana Isabel Rodríguez Vázquez (USC)
-Francisco Sierra Caballero (Universidad de Sevilla)
-Xosé Soengas (USC)
-Virginia Villaplana Ruiz (Universidad de Murcia)
Proxeccións-
Ciclo Cinema alén barreiras. Políticas da Colectividade
“Read the Masks. Tradition is not given” (Petra Bauer e Annette Krauss. 2009. 80’). 23 de outubro. 19:15 h. Auditorio.
A película é parte de un proxecto do mesmo título que cuestiona a tradición holandesa do Zwarte Piet ao abeiro das súas implicacións sociais e políticas.“Subtramas” (Virginia Villaplana, Diego del Pozo e Montse Romaní. 2014. 70’). 24 de outubro. 13:30 h. Auditorio.
Ensaio documental sobre a dimensión colaborativa na produción de relatos audiovisuais. A película xustapón tres capítulos abertos: a produción de novos imaxinarios, as
experiencias participativas que experimentan coa recepción e a pedagoxía da imaxe colectiva.“Negra Blanca” (Imma Benavente, Helena de Llanos, Miguel A. Rodriguez, Elsa Barreras, Irene Núfar, Ángel Monpeán, e Nacho Valero. 2013. 90’). 24 de outubro. 19:30 h. Auditorio.
Filme colectivo entre a realidade e a ficción dunha vila á que lle gustan as historias. Ate onde estamos dispostos a crer? -
Ciclo Premios Alfabetización Audiovisual ICAA“Persoas”(IES Cacherias-Teo. 2013. 15’). 24 de outubro. 18:15 h. Auditorio.
Curtametraxe sobre as migracións e a igualdade entre persoas. Problemas internacionais como a extrema pobreza, a discriminación de xénero, os coflitos bélicos e a falta de
liberdade de expresión. A peza é froito do proxecto de alfabetización audiovisual “Aturuxo Filmes”, que o IES Cacheiras de Teo desenvolve dende hai nove anos. A sesión irá
precedida da exposición do proxecto por parte do equipo docente responsable do mesmo.“Massó no recordo” (CEIP A Rúa Cangas. 2013. 20’). 24 de outubro. 18:30 h. Auditorio.
Traballo documental sobre a memoria dun espazo e a súa pegada nas xentes que o habitaron. O filme é resultado do proxecto de alfabetización audiovisual “Cineando
Ilusións”, que o CEIP A Rúa de Cangas desenvolve en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) como parte da actividade “Cinema en curso”. A sesión será
precedida da exposición do proxecto por parte do equipo docente responsable do mesmo.InscriciónA asistencia é gratuita tras solicitude no correo electrónico (antes do 22 de outubro):
estudosaudiovisuais.usc@gmail.com
Entregarase diploma de asistencia aos alumnos das Universidades do Sistema Universitario Galego, así como aos asistentes non estudantes que o soliciten expresamente.ContactoSilvia Roca. Grupo de Estudos Audiovisuais.Oficina Técnica Foro Cinema of Small Nations,
Facultade de CC. da Comunicación
Universidade de Santiago de Compostela
Avda. Castelao s/n
15782 – Santiago de Compostela
A Coruña
T. +34 881 816 571SECRETARIADO FORO
e-mail: estudosaudiovisuais.usc@gmail.comPublicado en Congreso, Próximo congreso
-
Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias
Santiago de Compostela
23 ao 24 de outubro de 2014