-
PresentaciónSon múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor da decidida e inescusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e da posta en valor do cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía.
Entre as accións de preservación do Patrimonio Cultural Inmaterial Europeo (PCIE) emerxen como prioritarias aquelas encamiñadas ao fomento do subtitulado de contidos audiovisuais. Porén, o palmario compromiso formal que emana das convencións e programas das escalas europea, estatal e autonómica tradúcese na implementación de paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistemática ausencia de resultados.
No marco do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref. CSO2016-76014-R) o presente foro reúne a investigadoras e investigadores do cinema e a tradución audiovisual na contorna europea co obxectivo de formular indicadores cara unha política harmónica de subtitulado da produción cinematográfica e audiovisual en linguas europeas non hexemónicas. -
Programa
-
LUNS 21 DE MAIO
16:00 horas | Sesión 1. Lingua(s), subtitulado e diversidade cultural en Europa
AuditorioCoord.: Margarita Ledo Andión (USC)
Interveñen:
• Margarita Ledo Andión (USC). EUVOS. Intangible Cultural Heritage. For a European Programm for Subtitling in Non-Hegemonic Languages
• Jan Pedersen (Stockholms universitet). Audiovisual Translation in the Nordic Countries
• Emilia Pérez e Zuzana Jánošíková (Univerzita Konštantína Filozofa v Nitre). Subtitling in V4 Countries18:00 -18:30 h | Pausa
• Philippe Meers (Universiteit Antwerpen). El caso ‘belga’: políticas y prácticas lingüísticas en Flandes, Bruselas y Wallonia
• Pietari Kääpä (Centre for Cultural and Media Policy Studies. University of Warwick). ‘Subtitles available in Sami’ (?): the absence of cultural policy for minority languages-
MARTES 22 DE MAIO
09:00 horas | Sesión 2. Cinematografías en linguas non hexemónicas
AuditorioCoord.: Enrique Castelló Mayo (USC)
Interveñen:
• Enrique Castelló Mayo (USC). A methodological aproach to the project- EUVOS. Intangible Cultural Heritage.
• María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF) e Judith Clarés (UOC). Film and subtitling in Catalonia: Policies, Practices and Strategies (2015-2017)
• Patxi Azpillaga, Beatriz Zabalondo e Marijo Deogracias (UPV-EHU). Traducción y subtitulado en la cinematografía y el audiovisual en Euskadi.
• Marta Pérez Pereiro e Fernando Redondo Neira (USC). Políticas para a subtitulación e prácticas de creación e distribución de subtítulos en lingua galega.12:00 -12:30 h | Pausa
• Antía López (USC) e Miren Manias (UPV-EHU). Ensuring language diversity through subtitling the audiovisual in small nations: An approach to Scottish Gaelic
• Henrique Monteagudo (USC). O subtitulado nunha lingua minorizada: reflexións desde o galego13:50 | Conclusións Foro
-
16:00 horas | Sesión 3. Proxeccións V.O.S. de cinematografías en linguas non hexemónicas
AuditorioCoord.: Patxi Azpillaga (UPV)
En pantalla:
• Los Desheredados | Dir. Laura Ferrés | 2017 | HD | 18′ [Versión orixinal en catalán subtitulada ao inglés] (USC)
• Areka | Dir. Begoña Vicario | 2017 | HD | 6′ [ Versión orixinal en euskera subtitulada ao inglés]
• Beki Bezperako Koplak | Dir. Ageda Kopla Taldea | 2016 | HD | 5’22” [Versión orixinal en euskera subtitulada ao inglés]
• Matria | Dir. Álvaro Gago | 2016 | HD | 20′Comité organizador-
Comité organizador– Margarita Ledo Andión (USC): Presidenta
– Marta Pérez Pereiro(USC): Secretaria
– Silvia Roca Baamonde (USC): Secretaría Técnica -
Vogais– Enrique Castelló Mayo (Universidade de Santiago de Compostela)
– Antía López Gómez (USC)
– José Luis Castro de Paz (USC)
– Fernando Redondo Neira (USC)
– María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF)
– Ana Isabel Rodríguez Vázquez (USC)
– Brais Romero Suárez (USC)Comité científico-
-Margarita Ledo Andión (USC)
-María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF)
-Francisco Javier Azpillaga Goenaga (Euskal Herriko Unibersitatea)
-Steve Blandford (University of South Wales)
-Enrique Castelló Mayo (USC)
-Jacques Guyot (Université Paris 8)
-Pietari Kääpä (University of Warwick)
-Antía López Gómez (USC)
-Henrique Monteagudo (USC)
-Marta Pérez Pereiro (USC)
-Pablo Romero Fresco (Universidade de Vigo)
Proxeccións-
“Los Desheredados” (Laura Ferrés. 2017. 18’. HD. Documental híbrido)
22 de maio. 16:00 h. Auditorio.
Los Desheredados é un retrato do pai da directora enfrontándose á fin do negocio familiar. Pere Ferrés ten 53 anos e está a cargo dunha empresa de autocares. A escaseza de ingresos obrígao a realizar despedidas de solteiro onde os clientes acostuman destrozar os vehículos, pero non está disposto a perder a súa dignididade.Premios: · 56º Semaine de la Critique – Cannes 2017, Best Short Film (Leica Cine Discovery Prize); · 32º Premios Goya| Academia Española del Cine 2018, Best Documentary Short Film; · 10º Premio Gaudí | Academia Catalana del Cine 2018, Best Short Film; · 30º European Film Awards | European Film Academy 2017, European Film Awards Nominee; · 25º Curtas Vila do Conde International Film Festival (Portugal), Best European Short, being therefore nominated for the European Film Awards; · 47º ALCINE – Festival de Cine de Alcalá de Henares (Spain), Best Screenplay & Best Actor
Proxéctase en versión orixinal en catalán con subtítulos en inglés.
“Areka” (Begoña Vicario. 2017. HD. 6’35”. Animación).
22 de maio. 16:30 h. Auditorio.
Ao pai de Euxebi matárono durante a guerra. Na súa xuventude, Euxebi sufriu a represión franquista, e a pesar de que a ditadura a acabara tempo atrás, até agora el non tipo a oportunidade de recuperar a memoria do pai. Tras moitos anos buscándo, cando por fin abren a fosa onde se atopa, Euxebi deposita unha foto xunto aos seus ósos.Proxéctase en versión orixinal en euskera con subtítulos en inglés.
“Beki Bezperako Koplak” (Ageda Kopla Taldea. 2016. HD. 5’22’’. Animación. Experimental).
22 de maio. 16:45 h. Auditorio.
Valéndose da celebración da véspera e Santa Águeda- unha tradición vasca na que a xente, acompañada de bertsolaris, se despraza de casa en casa nun ambiente festivo cantando versos ao ritmo dos seus bastóns—, a bertsolari Maialen Lujanbio fai unha denuncia descarnada da violencia de xénero. Verso tras verso, denúncianse as diversas manifestacións da violencia machista, así como a nosa imposibilidade de superala. Coa excusa destas coplas, vinte artistas mozos dirixen unha obra de creación colectiva, empregando diferentes técnicas de animación.Proxéctase en versión orixinal en euskera con subtítulos en inglés.
“Matria” (Álvaro Gago. 2017. HD. 18’ Ficción).
22 de maio. 17:00 h. Auditorio.
Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e a súa neta.Premios: Sundance Film Festival, 2018 – Short Film Grand Jury Prize; Clermont-Ferrand Int. Short Film Festival, 2018; Valladolid Int. Film Festival (Seminci, 2017) – Best Spanish Short Film; ALCINE (Festival Int. de Alcalá de Henares, 2017) – Best Film & Best Actress; Festival Int. de Aguilar del Campo, 2017 – Best Film & Best Actress; Festival de Cine Int. de Cartagena 2017 – Best Director; VIA XIV – Festival Int. de Cortometrajes de Verín – Best Director
Proxéctase en versión orixinal en galego con subtítulos en inglés.
InscriciónA asistencia é aberta previa comunicación do enderezo electrónico
estudosaudiovisuais.usc@gmail.com
Entregarase diploma de asistencia aos alumnos das Universidades do Sistema Universitario Galego, así como aos asistentes non estudantes que o soliciten expresamente.ContactoSilvia Roca. Grupo de Estudos Audiovisuais.Oficina Técnica Foro Linguas e Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado
Facultade de CC. da Comunicación
Universidade de Santiago de Compostela
Avda. Castelao s/n
15782 – Santiago de Compostela
A Coruña
T. +34 881 816 598SECRETARIADO FORO
e-mail: estudosaudiovisuais.usc@gmail.comPublicado en Congreso, Próximo congreso
-
-
-
Foro Internacional ‘As Linguas e o Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’
Santiago de Compostela
21 ao 22 de maio de 2018