FILMES DO HOMEM, o Festival Internacional de Documentário de Melgaço, abriu o prazo de inscrición de propostas para a súa edición de 2015. O tema xeral son as migracións, como explican na súa páxina web: “Os filmes deben manifestar o punto de vista do autor sobre aspectos relacionados con cuestións sociais, individuais, culturais ou de identidade, provocadas polo cambio de país, rexión ou domicilio.”
Entre as películas inscritas seleccionarase a programación do Festival, que se completará con filmes convidados. Ademais, entre as presentadas escolleráse o Premio Jean Loup Passek. A data límite de inscrición é o 28 de febreiro, e o formulario pódese cubrir neste enlace. O regulamento está asimesmo dispoñible online. O Grupo de Estudos Audiovisuais é colaborador da iniciativa e Margarita Ledo Andión, coordinadora do Grupo, impartirá no marco de Filmes do Homem unha conferencia sobre Imaxe Documental. O evento terá lugar entre o 4 e o 9 de agosto de 2015.