eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o.

Dende a perspectiva das industrias culturais e creativas, o cinema destácase como un dos territorios máis representativos para a innovación e a aplicación de tecnoloxías dixitais, tanto a nivel de producción como de difusión das obras. Porén, ao ter que enfrontar un entorno audiovisual moi competitivo a nivel mundial, o tránsito cara o dixital trae consigo un horizonte incerto para a gran mayoría das cinematografías europeas.
Os actuais programas europeos para a cinematografía fan referencia á súa contribución á diversidade cultural e lingüística, sinalándoa como un activo para superar a fragmentación. Ao tempo, constátanse deficiencias estructurais vencelladas ás súa circulación e posta en valor.
Partindo da hipótese de que a versión orixinal é un indicador inequívoco da existencia dun universo europeo plural composto por pequenas cinematografías, e de que a migración dixital facilita o intercambio, a accesibilidade e as novas modalidades de consumo, a investigación evidenciará:
a) que medidas deben contemplar os programas de políticas públicas que pretendan transformar as ameazas do novo escenario nunha oprotunidade para a visibilidade e o incremento do valor de uso e de cambio do cinema en v.o.
b) que elementos deben considerarse para que a diversidade creativa sexa, ao mesmo tempo, unha marca para a súa proxección internacional.
Margarita Ledo Andión
Ministerio de Economía e Competitividade. Ref. CSO2012-35784
Universidade de Santiago de Compostela, Universidad Complutense de Madrid, Universidad de Málaga, Universidad de Murcia, Universidad de Salamanca, Universidad de Sevilla, Universidad del País Vasco, Universidade de Vigo
2013-2015
Demetrio Brisset, Francisco Apillaga, Enrique Castelló, José Gabriel Ferreras, Begoña Gutiérrez, Margarita Ledo, Antía López, Miren Manias, Mª Ángeles Martínez, Marta Pérez, Francisco Reyes, Ana Isabel Rodríguez, Francisco Sierra, Javier Sierra, Xosé Soengas, Mónica Valderrama
Tagged with:
Publicado en investigación, investigación de portada, investigación rematada
Investigacións
novas relacionadas