Nesta ocasión, a aposta que leva a cabo o Departamento CAVP-1 é a celebración dun Congreso Internacional sobre Fotografía que nace coa intención de contribuír á visibilización do papel da muller fotógrafa en aras de fomentar unha construción historiográfica, estética e pedagóxica máis completa e igualitaria dunha práctica profesional e artística que, por outro lado, historicamente estivo dominada e acaparada pola presencia dos homes.
As liñas de traballo propostas para este Congreso Internacional sobre Fotografía serán as seguintes:
— Pioneiras da fotografía: a muller na práctica fotográfica durante o século XIX e comezos do século XX.
— Fotoxornalismo e Documentalismo: a irrupción da muller na fotografía de prensa, o reporterismo de guerra e o documentalismo social.
— Construcións mediáticas sobre a muller fotógrafa. Desde os primeiros relatos literarios e publicitarios sobre a muller fotógrafa ata a súa representación mediática no cinema, a televisión, os videoxogos e as redes sociais.
— Fotografía e praxis artística: linguaxes e obra fotográfica na produción de mulleres artistas.
— O papel da muller no procesamento da imaxe: da praxe analóxica á era dixital.
— Asociacionismo, activismo e prácticas de empoderamento da muller a través da fotografía.
— Discursos curatoriais, prácticas museográficas e edición de fotolibros en relación á obra producida por mulleres fotógrafas.
— Teóricas da fotografía e prácticas pedagóxicas no uso e usos do fotográfico.
O Congreso só aceptará un máximo de 24 comunicacións. Os estudos deben ser froitos orixinais de investigación inéditas e de carácter científico-académico. As comunicacións poderánse escribir en castelán e inglés, cunha extensión máxima de 7000 palabras. As comunicacións deberanse enviar ao correo confoco@ucm.es.
Máis información en www.ucm.es/cavp1/confoco-2017