Como resumo de referencia para as propostas, a publicación ofrece o seguinte:
“Cinema: the itself remake” ou como, dende o cinema, emerxe a necesidade de adxectivación para indicar a necesidade de construir un “eu”, un suxeito diferente. Que quere dicir, a día de hoxe, a connotación, o cambio de significado que se activa cando falamos de “cinema migrante”, “cinema colaborativo”, “cinema nacional”, “cinema feminista”, “cinema de clase”, “cinema identitario”… ou pares como “cine e inclusión”. Como se articula con algo tan aceptado (e seguramente pouco practicado) como Diversidade? Que prácticas / que aplicacións e accións esixe a posta en escena destes cinemas? Como se entrelaza o pensamento con estas variacións que inclúen, ademais, diferentes sistemas de coñecemento?”
O prazo para a recepción de artigos ten o primeiro peche o 1 de xullo de 2015, e deben enviarse tanto á dirección da revista (fjcrevista@usal.es) como á directora e editora Begoña Gutiérrez San Miguel (bgsm@usal.es). Os artigos serán avaliados por pares cegos e deberán seguir as normas da revista, dispoñibles neste enlace.