Desde hai varias décadas, a inmigración e a diversidade cultural nas sociedades occidentais son fonte de debates apaixoados en relación a temas como a cohesión dos estados nacionais, ea definición de modelos de integración e convivencia. Asemade, as repercusións económicas da inmigración nun contexto de crise, incluídas as relacións coa chegada masiva de refuxiados, atópase máis que nunca no centro das discusións. Tratarase de entender os retos e límites das políticas de integración económica dos inmigrantes postas en marcha nesas sociedades, así como poñer en persepctiva as prácticas e representacións a propósito da diversidade cultural no ámbito profesional.
Os relatorios poderanse inscribir nos seguintes eixes:
– Modalidades de integración económica dos inmigrantes nas sociedades de acollida;
– As políticas voluntaristas favorables aos inmigrantes e traballadores extranxeiros;
– Papel de organizaciones supranacionais e privadas na preconización de concepcións máis abertas á diversidade e circulación de traballadores;
– Toma en consideración da diversidade pola empresa: proceso de aculturación (prexuizos e comportamientos etnocéntricos, choque cultural…), xestión de conflictos interculturais na estrutura organizativa (arranxos razonables, formas diversas de mediación…);
– Negociacións interculturais en un ámbito internacional (coñecemento dos distintos sistemas de valores, das culturas organizativas de outros países, condutas específicas que hai que adoptar fronte a un interlocutor cuxo contexto cultural é diferente…);
– Diversidade, competencias e aportes: estímulo da productividade e innovación, empresariado inmigrante, contribucións varias…;
– Formacións interculturais do persoal da empresa ou das grandes organizacións: integración en equipos multiculturais, xestión intercultural…;
– Formación dos profesionales para a primera acollida, en particular co público refuxiado (profesionais sanitarios, traballadores sociais, persoal escolar, etc.): problemáticas de identidade, toma en conta das repercusións psicosociais das traxectorias migratorias, competencias de comunicación intercultural;
– Diversidade e interacciones profesionais (directivos, docentes, formadores, persoal sanitario, traballadores sociales…);
– Interaccións entre profesionais e entre profesionais e usuarios (repercusión identitaria: persoal, social e/ou profesional).
Valorarase a contribución de universitarios así como de profesionais pertencentes ao mundo empresarial, a administración e estruturas diversas co fin de contribuír a unha dinámica multidisciplinaria e comparatista do coloquio.
As propostas de relatorios enviaránse en francés, inglés ou español. (máx. 400 palabras + 5 palabras clave) acompañadas dun corto CV ata o 15 de xuño de 2017 a:
christele.le.bihan@univ- poitiers.fr (francés, inglés)
ariane.le.moing@univpoitiers. fr (francés, inglés)
said.ouaked@unilim.fr (francés, inglés)
emmanuelle.simon@univ- poitiers.fr (francés, español)
ruygonzalofarias@yahoo.com.ar (español)
Está prevista a publicación dunhna selección de artigos.
Máis información en: http://mimmoc.labo.univ-poitiers.fr/appels-a-communication/appel-a-communications/