Como xa indicaramos, o 10 de outubro foi celebrada en Lyon a Xornada Wenceslao Fernández Flórez: Cinéma et Littérature, vinculada ó Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España).
Deste xeito, o Grupo Estudos Audiovisuais implicouse o pasado venres nun encontro científico no que relevantes investigadores de eido internacional reflexionaron sobre as relacións entre a obra de Wenceslao Fernández Flórez e o cinema español. A xornada concluíu con gran éxito, dado o numeroso público e a elevada participación dos asistentes.
Ademais, durante o transcurso da xornada de traballo o profesor José Luis Castro de Paz anunciou o descubrimento dun descoñecido guión de Volvoreta, escrito por Francisco Regueiro para ser rodado en 1966 con produción de Cesáreo González. O Equipo de Investigación do Proxecto comezará agora unha pormenorizada análise do devandito achado que presentará en vindeiras reunións e traballos de investigación.