Canal Campus_ lab. Laboratorio aberto de experimentación, emprendemento e creación visual e sonora, constitúese coma un espazo de diversificación cultural coa finalidade de estimular dentro da USC a creatividade sonora e visual en todas as súas facetas, así como para potenciar a capacidade de emprendemento cultural da comunidade universitaria nestes ámbitos de actuación e fortalecer a transferencia de coñecemento e innovación coa industria cultural e da comunicación de Galicia. Inicia a súa andaina no curso 2013/14 como espazo de experimentación e posta en valor de iniciativas relacionadas coa creatividade e innovación visual e sonora.
A través dunha programación diversificada, este laboratorio de creación adaptará as súas propostas de xeito puntual e oportuno ás demandas que non estean contidas de forma específica nos currículos académicos ou que, pola súa actualidade, superen neste ámbito competencial á programación reglada universitaria.

ÁMBITOS DE ACTUACIÓN
FORMACIÓN: cursos e obradoiros específicos nos ámbitos relacionados cos topics do CCL
INICIATIVAS: espacios e propostas de caracter lúdico funcional relacionadas con actividades de emprendemento creativo.
O equipo de Canal Campus Lab está composto por unha serie de investigadores especializados nos Popular Music Studies pertencentes ao Grupo de Investigación da USC “GI1786 – Comunicación Audiovisual: Contidos, Formatos e Tecnoloxía”.
CONTACTO
web: www.canalcampus.es
mail: info@canalcampus.es
Facultade de Ciencias da Comunicación
Campus Norte