Os alumnos de 3º curso do Grao en Comunicación Audiovisual das materias Cinema de Autor e Cultura Audiovisual Contemporánea, impartidas polas profesoras Margarita Ledo Andión e Marta Pérez Pereiro, viaxan ao festival de cinema Olhares Frontais. O encontro, organizado pola Associaçao Ao Norte e pola Cámara Municipal de Viana do Castelo, é unha experiencia única que busca o debate entre estudantes e profesionais de Portugal e Galiza.
Entre a programación desta edición destacan as diferentes actividades formativas organizadas e a proxección do filme galego Jet Lag, de Eloy Domínguez Serén, que pechará a programación da edición 2018 do festival.
Toda a programación do festival pódese consultar aquí.


