Coa ocasión da celebración o 25 de xullo do Día da Patria Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística promove un manifesto a prol do cinema rodado en lingua galega.
“Coa licenza de reformular a célebre cita de Castelao, que reivindicaba a nosa lingua coma a quintaesencia da galeguidade, pretendemos chamar a atención sobre o valor do idioma –desde unha perspectiva política, económica, cultural, xeográfica e histórica– e argumentar así a necesidade dun compromiso firme co cinema rodado en galego, reza o inicio do manifesto que, ademais, fai fincapé nunha aposta decidida polo “cinema heroico galego” por parte dos axentes que forman parte do sector audiovisual.
O manifesto pódese asinar aquí.


