Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Soliña Barreiro (GEA) intervirá no debate sobre a pluralidade lingüística no sector audiovisual galego no Parlamento Europeo

Representa ao Grupo de Estudos audiovisuais (GEA) da USC e presentará o libro Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivas

19/04/2023

Barreiro, intervirá en representación do Grupo de Estudos audiovisuais (GEA) da USC, no debate previsto o 20 de abril de 2023 no que tamén participarán Marcos Maceira, presidente da Mesa Galega pola Normalización Lingüística e Xosé Lois Ledo Andión, vicepresidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). O debate servirá para coñecer as dificuldades que supón a nova lei audiovisual para a normalización da  lingua galega e para a supervivencia do noso sector audiovisual.

A profesora Soliña Barreiro presentará o libro Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivas, do que foi coordinadora, e no que o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da Universidade de Santiago de Compostela recolle as principais aportacións das xornadas, celebradas na Facultade de Ciencias da Comunicación o 15 de setembro de 2022 en colaboración con A Mesa pola Normalización Lingüística. As xornadas contaron coa participación da Universidade do País Vasco, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación Galega Sindical de  Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), a Plataforma por la Llengua e Konstseilua. Este volume nace da colaboración entre academia, sector audiovisual e cidadanía, unidos pola preocupación perante as consecuencias que a o nova Lei Xeral da Comunicación Audiovisual terá para o audiovisual galego e a diversidade cultural e lingüística do sector, coa vontade de  transferir coñecemento á sociedade e prover recomendacións ás institucións públicas.

O Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo, -integrado por eurodeputados e eurodeputadas de varios grupos da Eurocámara-, considera que o sector audiovisual debe ser un campo de acción estratéxico para calquera política que realmente busque a normalización das linguas e polo tanto trátase dun tema de gran transcendencia para o sector audiovisual galego.

 

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais