Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Enrique Castelló Mayo
Coordinación, Persoal investigador
enrique.castello@usc.es
+34 881 816 529

Enrique Castelló Mayo (Madrid, 1968) é Profesor Titular do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), tras integrar o PDI da Universidade de Valladolid (2000-2004) e do Colexio Universitario “Domingo de Soto” (1997-2000), adscrito á Universidad Complutense de Madrid (UCM). É Doutor en Ciencias da Información (UCM, 2001: Cum Laude unánime), Licenciado en Ciencias da Información (UCM, 1992: Rama de Ciencias da Imaxe Visual e Auditiva) e Experto Universitario en Realización de Reportaxes e Documentais para Televisión (UCM, 1991: Título Propio).

Con 3 tramos de actividade investigadora de nivel 27, recoñecidos pola CNEAI (RD 1086/89) ata 2019. Xa en calidade de IP ou de membro do equipo investigador, o solicitante participou en 18 proxectos competitivos e 16 contratos con empresas e institucións, acreditando unha captación global de fondos públicos e privados que (considerando unicamente os proxectos e contratos nos que a solicitante figura como IP na última década) supera os 2.500.000€, liderando a unha corentena de especialistas, estando vixentes (como IP, ata 2024 e 2026): EU Next Generation: EQC2021-007535-P (640.218€), Eurostars-Eureka: E115354 (18.150€) e Generación de Conocimiento: PID2022-142353OB-I00 (98.750€).

Conta cun centenar de traballos académicos, correspondendo a metade a publicacións e documentos científicos, unha trintena a presentacións en congresos nacionais e internacionais e o resto a xornadas, seminarios e cursos nacionais e internacionais, rexistrando os seguintes índices bibliométricos: H3-Scopus, H8 / 6i10-index / 226 citas-Google Scholar y RIS 50.8 / H4-Research Gate.
Centrado desde fai tres décadas na produción mediática da realidade, tanto na súa vertente narratológica como de innovación do ecosistema virtual (escenografías 3D-CGI síncronas), é coautor de dous desenvolvementos de software (orientados á optimización dos usos e aplicacións de realidade virtual en estudios televisivos) patentados no Registro General de la Propiedad Intelectual cos asentos rexistrais 03/2019/202 “Virtual TV Set Light Analyzer” y 03/2018/1113 “Virtual TV Set Sensor Middleware”.

Entre outros recoñecementos á súa traxectoria docente e investigadora, foi distinguido co “Primer Premio a la Innovación”, outorgado pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (SERGAS-Servizo Galego de Saúde), o “Recoñecemento á Excelencia Curricular Docente e Investigadora” da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), e os selos de calidade “Talento Novo” de INJUVE (Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social) e “EYCH 2018-European Year of Cultural Heritage” (European Parliament & EU Council; art. 2: UE 2017/864). Así mesmo, a USC outorgoulle as seguintes distincións: “Segundo Premio de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS)”, “Diploma de Boas Prácticas de Calidade” e “Diploma de Docencia Universitaria”.

Na súa traxectoria profesional no sector audiovisual desde 1992, destaca o seu paso (como realizador, guionista, editor, mesturador, ENG, produtor etc.)/ etc.) pola Agencia EFE, o Canal Norte TV, el Área de Informativos de Antena 3 TV ou o Programa de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación (Ministerio de Educación y Cultura), ideando e desenvolvendo producións educativas e culturais, tanto para a”Aventura del Saber” (emitido por Televisión Española), como para a súa difusión en diferentes emisoras e programas da Asociación de Televisiones Educativas y Culturales Iberoamericanas (ATEI).

DESTACADOS
Proxectos
FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Son múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor á decidida e inexcusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e á posta en valor do Cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía. Neste sentido,…
PUBLICACIÓNS
A foresta e as árbores
Para unha historia do cinema en lingua galega (2)
«So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, contrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza […] Sobordando tópicos, este é un libro no que as árbores deixan…
<
A New Calibration Process for a Homogeneous Cyclorama Illumination in Virtual TV Sets
2019
Applied Sciences Open Access Journal
A virtual TV set combines actors and objects with computer-generated virtual environments in real time. Nowadays, this technology is widely used in television broadcasts and cinema productions. A virtual TV set consists of three main elements: the stage, the computer-system and the chroma-keyer. The stage is composed by a monochrome…
<
The (dis)solution of European cultural identities in the digital space: a critical reflection on small cinemas
Drawing from the research project, “eDCINEMA: Hacia el espacio digital europeo. El papel de las cinematografías pequeñas en versión original”, which was financed by the Plan Nacional de I+D+i of the Ministerio de Economía y Competitividad (Ref. CSO2012-35784) and developed by the Grupo de Estudos Audiovisuais of the Universidade de…
<
El rol del cine en versión original en el espacio digital Europeo
Fronte á contrastada relevancia do acceso a contidos en v.o. como complemento indispensable da cohesión cultural europea e da consecución do ideal de diversidade lingüística, a Unión Europea continúa implementando paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistémica ausencia de resultados. Consecuentemente,…
<
Creative Destruction as Economic Pattern of Europe’s Small-Scale Audiovisual Media Markets and Minority -Language Film Industries
A crise xeneralizada do modelo económico contemporáneo veu a agravar outra crise latente no ámbito mediático desde hai décadas: unha crise estrutural que demanda modelos verdadeiramente interactivos, capaces de usufructuar o enorme potencial (informativo, formativo, persuasivo e de entretemento) das redes dixitais de comunicación, implementando nos seus formatos novos valores…
<
La diversidad cultural a través de la Red: el caso del cine identitario
2013
Comunicar, Revista Científica Iberoamericana de Comunicación y Educación
A investigación «Cinema, Diversidade e Redes» pretende illar os principais estímulos ou reticencias no consumo de produtos xerados por pequenas cinematografías, analizando o caso concreto da circulación a través das redes dixitais interactivas de contidos cinematográficos producidos en Galicia. Trátase dunha investigación multicéntrica na que participan universidades radicadas en Arxentina,…
<
La involución de la ficción televisiva generalista
2006
Propuestas para una comunicación de calidad
<
Singularización e indiferenciación: la paradoja contemporánea de la esfera cultural
2006
Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona 2005: Comunicaçao, Identidades, Migraçoes e culturas na Lusofonía
<
El Paradigma Mercantil en la Generación de la Cultura Mediática: Experiencia vs. Consumo
2004
Razón y Palabra. Primera revista electrónica en América Latina especializada en tópicos de comunicación
A xeración da cultura mediática máis actual á maneira dun enorme mosaico, sinala aos medios de comunicación e, máis amplamente, ás industrias culturais, como os seus principais artífices. O entramado cultural resultante responderá a unha serie de características que analizamos, tales como a segmentación, a escisión, a desconexión e a…
<
Violence in Television Fiction Aimed at the Child-Juvenile Audience: An Alternative Analysis
2004
Newsletter on Children, Youth &Media in the World
<
© 2026 Estudos Audiovisuais