FORMACIÓN DE PROXECTOS DE INVESTIGACION EN REDE

A Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores da Comunicación (AGACOM) acordou na súa última asamblea xeral organizar, no transcurso do IBERCOM 2013, unha sesión aberta para presentar e establecer redes de futuros proxectos científicos conxuntos de distintas equipas de Universidades e países. A sesión celebrarase o día 29 de maio no espazo Seminario 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, ás 13 horas.
Nesta sesión presentaranse ideas e proxectos en proceso de xestación ou formación co fin de darse a coñecer e de buscar parcerías de equipas doutros países e Universidades que traballen sobre os mesmos temas ou que poidan estar interesados en facelo no futuro. Trátase de buscar parcerías, sinerxias, alianzas e de poñer máis e mellor en contacto aos investigadores de proxectos con liñas e intereses comúns. Os grupos de investigación e persoas interesadas en presentar algún proxecto ou proposta de parcería aberta pregamos que envíen a súa proposta resumida en 10 liñas, os datos de identificación do autor/a ou coordenador/a da mesma e o email de contacto.
As propostas serán entregadas e presentadas aos participantes abrindo a posibilidade do establecemento das parcerías interesadas.
Para coordinar a preparación da sesión pregamos ás persoas interesadas neste tema que se poñan en contacto coas persoas de AGACOM encargadas da súa organización, que son: Ana Isabel Rodríguez, Silvia García Mirón, Silvia Roca e Francisco Campos Freire.
Pregamos que envíen a seguinte ficha a agacom@agacom.org

PROPOSTAS DE PROXECTOS EN FORMACIÓN
1. Título da proposta de proxecto:
2. Nome do autor/a ou coordinador/a:
3. Email de contacto:
4. Universidade de pertenza:
5. Equipa de investigación:
6. Breve descrición do proxecto (10 liñas máximo):