Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Videos resumo do Foro Internacional de Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias

29/05/2015

O Grupo de Estudos Audiovisuais vén de subir á súa canle de Vimeo os videos que resumen as diferentes sesións do pasado Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias. Os obxectivos do Foro pasaban por poñer en relación todas as variábeis que puideran contribuir á construción de novas audiencias. Para iso, contouse coa presenza de expertos e expertas de distintas procedencias e bagaxes, cruzando os ámbitos profesional, académico e creativo. Púxose o foco nas pequenas nacións como espazos comunicativos, no cinema en V.O. e nas situacións de minorización da lingua propia, ademais de abordar as políticas da diversidade. Os videos inclúen un fragmento da intervención de cada experto en cada unha das mesas.

O Foro é parte do proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal” (ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.






MÁIS NOVAS
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
Margarita Ledo Andión recibe o XII Premio de Igualdade “Ernestina Otero” 
A Catedrática recollerá este recoñecemento o vindeiro venres 15 de marzo.
07/03/2024

O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller entregarán o Premio de lgualdade ”Ernestina Otero” á Catedrática emérita e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 15 de marzo ás 20:00 horas no salón de recepcións […]

Seguir lendo
Aberta a inscrición para a décima edición do CO(M)XÉNERO. Imaxes do delito.
O seminario terá lugar nos días 8 e 9 de abril na Facultade de Cc. da Comunicación.
26/02/2024

Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización. Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais