Seminario de Verán ‘Chantal Akerman. Cineasta de culto, muller e transgresora’

Santiago de Compostela
28/07/2014-29/07/2014
Pechada
akerman.usc@gmail.com
(+34)696.233.642
O 5 de outubro de 2015, Chantal Akerman quítase a vida no seu apartamento de París. Viña de presentar o filme No home movie (2015) no Festival de Locarno e de recibir o aplauso da crítica internacional especializada. Deixaba tras de si una amplísima filmografía que a sitúa entre as principais figuras do cinema de autoría europeo, con indiscutible influencia en autoras/es contemporáneas/os como Gus Van Sant, Todd Haynes, Michael Haneke, Sally Potter, Tsai Ming-Liang, Avi Mograbi ou Isabel Coixet.

Porén, a difusión das súas obras no noso país é escasa, e para boa parte da poboación, Akerman segue a ser unha total descoñecida.

Este seminario propón un percorrido biofilmográfico que ubica a súa cinematografía na converxencia do feminismo cos novos cinemas europeos e co cinema experimental americano. Ao tempo, destaca a multidisciplinariedade da autora e, especialmente, a viaxe da súa obra dende pantalla grande ás videoinstalacións en espazos tradicionalmente reservados ás artes plásticas.

Nesta andadura, o achegamento á cinematografía de Akerman por parte académicas/os de disciplinas e universidades diversas, combínase coa intervención de diferentes cineastas que se recoñecen influídos pola autora e explican a súa pegada dende a dimensión creativa.

Obxectivos do curso:
Dar a coñecer a Chantal Akerman como autodidacta pioneira na creación dun novo xeito de facer cine onde a secuencia “escribir- rodar- montar” queda obsoleta, e onde os parámetros de espazo e tempo son xestionados con absoluta liberdade.
Poñer en valor a interdisciplinariedade de Akerman e salientar a importancia dos seus traballos videoinstalativos.
Evidenciar a transcendencia da autora no panorama cinematográfico contemporáneo, remarcando a pegada do feminismo no seu traballo. Dimensionar o corpus da súa obra en relación coa súa biografía.
Contribuír á difusión da filmografía da autora mediante a proxección e análise dalgúns das súas obras menos coñecidas.

Máis información na web do seminario e na páxina da Aula de Cultura da USC.
Para a matrícula online fai click aquí.

Duración: 16 h
Imparte: Renata Otero, Marta Pérez Pereiro, Margarita Ledo Andión, Enrique Monterde, Miguel Anxo Rodríguez, Marta Selva, Anna Solá, Mar Caldas, María Ruido, Diana Toucedo, Lois Patiño e Xisela Franco.
Información e matrícula en: www.usc.es/cultura/veran

Publicado en curso, curso de portada, Formación