Representantes das universidades colaboradoras do proxecto ‘Lusofonía’ visitan Compostela
22/11/2010

O Grupo de Estudos Audiovisuais organizou un encontro de traballo no que participaron os coordinadores dos grupos de recepción incluídos no programa de investigación Lusofonía, Interactividade e Interculturalidade.

Do 16 ao 20 de novembro celebrouse, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a semana de encontro entre os membros do Grupo de Estudos Audiovisuais e os representantes das universidades colaboradoras no traballo de investigación Lusofonía, Interactividade e Interculturalidade: Paulo Serra (Universidade da Beira Interior-UBI, Covilhá-Portugal), Doris Fagundes Haussen e Claudia Peixoto de Moura (Universidade Católica do rio Grande do Sul-PUCRS, Brasil), Itania María Mota Gomes (Universidade Federal de Bahía-UFBA, Brasil) e Antonio Nhaga (Universidade Guinea-Bissau).

O proxecto de investigación combina a análise de contido e os estudos de recepción coa finalidade de detectar as barreiras socio-lingüísticas que impiden a circulación de produtos audiovisuais galegos na área da Lusofonía. Neste contexto, e como quedou reflectido na memoria presentada ao Programa de Promoción Xeral da Investigación Básica da convocatoria de 2008, a creación dos universos de recepción enténdese como un elemento fundamental para o desenvolvemento desta pesquisa.

O traballo directo para organizar a estrutura de coordinación cos diferentes grupos de recepción iniciouse en decembro de 2008 co desprazamento de membros do grupo de investigación a Covilhá (Portugal) e Porto Alegre (Brasil). Nestas primeiras xuntanzas presentouse o proxecto, estabelecéronse as pautas para a conformación dos universos de recepción, analizáronse as tecnoloxías dispoñibles e designáronse aos coordinadores. A través deles iniciouse un plan de traballo de cara á elaboración da plataforma online como principal ferramenta desta investigación. Entregóuselles unha mostra inicial de produtos audiovisuais e un primeiro borrador de cuestionario para detectar posibles barreiras de manexo, comprensión ou interpretación do mesmo. Con estas suxestión avanzouse no deseño definitivo do cuestionario ao tempo que o grupo seguía mantendo contactos cos grupos africanos.

Respecto á conformación dos universos de recepción estabelécese a importancia de que haxa diversidade na composición dos mesmos para a conformación dunha mostra estratéxica. Polo tanto, fíxanse os seguintes criterios: paridade de xénero (50% dos enquisados serán homes e o 50% mulleres), idade (entre 18 e 25 anos), procedencia xeográfica diferente (entorno rural/urbano) e diversidade formativa (alumnos/as de 1º-2º grao e 3º grao-profesores universitarios. Os alumnos de 1º grao serán o 1/3 do total da mostra). Estímase que o número mínimo de integrantes do universo será de 10, e o máximo de 20.

En canto ao cronograma de traballo, fíxase que todos os grupos enviarán antes de xuño de 2009 un primeiro pretest que serve de adestramento previo co cuestionario que servirá de base para desenvolver o software específico desta investigación. Ademais, acórdase que os grupos deberán entregar antes de setembro de 2009 as fichas identificativas dos integrantes do universo de recepción de cada un dos grupos, que se comprometen a participar na análise prevista no ano 2010. Exceptúanse nos casos das universidades brasileiras o peche do terzo da mostra correspondente ao 1º grao que se atrasa ata marzo de 2010 debido ás diferenzas do seu calendario académico respecto ao resto dos grupos.

O traballo desta fase inicial conclúe coa realización doutro pretest de comprobación da ferramenta online para coñecer as dificultades reais do seu manexo, polo que os coordinadores dos grupos deben enviar un report dos erros/suxestións que poidan apreciar de cara a mellorar o software que se presentará definitivamente nunha xuntanza prevista en Santiago de Compostela en novembro de 2009. Nesta xuntanza participarán os coordinadores de todos os grupos (UBI, PUCRS, UFBA e Guinea-Bissau) cos membros do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC. Nesta reunión estabelecerase o calendario de traballo na sistemática para a obtención dos datos e resolveranse as posibles dúbidas que poidan xurdir do pretest técnico realizado no mes anterior.

Publicado en nova

Axenda

  • Alén Das Fronteiras: Redes Na Diversidade
  • Chamada de traballos XV Congreso Ibercom 2017: “Comunicación, Diversidade e Tolerancia”
  • Congreso Internacional sobre Pequenas Cinematografías: Diversidade en Cinemas Glocais: Lingua, Cultura, Identidade
  • Congreso Identidades en Transición, Universidade de St. Andrews
  • Límite para enviar as propostas para os Premios Mari Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual
  • Deadline para a chamada de comunicacións para o Congreso Small Cinemas
  • Deadline para a chamada de comunicacións para o Congreso AGACOM 2017: Alén Das Fronteiras: Redes Na Diversidade
  • Congreso Internacional CONFOCO 2017: Fotógrafas: mulleres trala cámara
  • Deadline para a chamada de comunicacións para o CONFOCO 2017
  • Coloquio Cultures de Résistance
  • Proxección: Unha rosa para Soler
  • Fin do congreso LUSOCOM
  • Deadline para o envío de artigos ao Anuário LUSOCOM
  • Congreso AEIC Madrid
  • Peche do Ciclo Vida en Sombras. O cinema español no labirinto
  • Intervención de Marta Pérez Pereiro no Festival Primavera do Cine de Vigo
  • Peche cfp XII Congresso Internacional LUSOCOM
  • Peche envío propostas completas AE-IC Madrid 2016
  • Margarita Ledo participa no IV Encontro de Cinema do Festival de Málaga
  • VII Congreso Latina de Comunicación Social
  • Seminario EDCINEMA en París
  • I Seminario Internacional Xescom
  • Conferencia de Marta Pérez no @BangorSMLC
  • Remata o Simposio: EDCINEMA. Cardiff
  • Comezo do Simposio: EDCINEMA. Cardiff
  • Peche do II Encontro Cidadanía e Comunicación
  • II Encontro Cidadanía e Comunicación
  • Peche do envío de traballos para o monográfico “Renaming itself” da Revista Fonseca
  • Margarita Ledo imparte un seminario sobre imaxe documental no Festival Filmes do Homem de Melgaço
  • Ponencia de Margarita Ledo no IAMCR 2015
  • Ponencia de Fernando Redondo Neira no IAMCR 2015
  • Ponencia de Maria Soliña Barreiro no IAMCR 2015
  • GEA participa no IAMCR 2015
  • Peche do curso de Innovación en Escenografía Virtual Avanzada
  • Curso de Innovación en Escenografía Virtual
  • Margarita Ledo no Ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020
  • GEA promove o convenio entre USC e Clag
  • GEA participa no XIV IBERCOM
  • GEA participa en ECREA 2014
  • Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias
  • GEA coordina sesión sobre financiamento de proxectos musicais
  • GEA organiza sesión sobre Videoxogos e Xénero
  • GEA organiza Xornada sobre WFF en Lyon
  • Margarita Ledo, docente nos cursos de verán da AEIC
  • Margarita Ledo participa no INTERCOM 2014
  • Curso de verán: O compromiso dos intelectuais
  • Peche do prazo de inscrición dos cursos de verán AE-IC
  • GEA participa no CONFIBERCOM 2014
  • GEA participa no LUSOCOM 2014
  • Galician Connection
  • Envío textos completos LUSOCOM 2014
  • Congreso AEIC 2014. Bilbo
  • Congreso MEDIACOM 2013. Cabo Verde
  • CULTURGAL 2013
  • Peche call for papers LUSOCOM 2014
  • Congreso Internacional A.E.H.C. Bilbo
  • Workshop Diversidade Audiovisual. Madrid
  • Xornadas eDCINEMA. Workshop Paris 2013
  • Conferencia Internacional NORDMEDIA 2013. Oslo
  • Conferencia Internacional INTERFACES DA LUSOFONIA
  • Comezo do Curso de Gravación Musical
  • Conferencia Internacional IAMCR 2013. Dublín
  • Peche do IBERCOM 2013