O Grupo

Estudos Audiovisuais (GEA) é un grupo de investigación consolidado da Universidade de Santiago de Compostela, adscrito ao Departamento de Ciencias da Comunicación e constituído como tal no 2003, que se inscribe no catálogo de Grupos de Investigación da USC en 2005 (GI-1786).

A súa coordinadora é Margarita Ledo Andión e actualmente está integrado por 20 membros, dos cales 6 son  investigadores en período de formación e perfeccionamento.

A fundación deste grupo de investigación foi consecuencia lóxica da consolidación do Observatorio do Audiovisual (ODA) que se creou en 1998 no seo do Departamento de Ciencias da Comunicación, e que tomou parte do programa de investigación Tv e inteculturalidade: Comunicación na Periferia Atlántica. Inicialmente, ODA centraba o seu obxecto de estudo na análise sistemática da integración trans-rexional Galiza-Norte de Portugal e tiña como actividades principais a elaboración e publicación de informes bianuais sobre o estado do audiovisual galego.

Co paso do tempo, a consolidacion dos obxectivos fundacionais do ODA deveñen na creación do grupo de investigación Estudos audiovisuais. Comunicación audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía, en 2003 e o traballo constante do grupo posibilitou a sua calificación como Grupo de Potencial Crecemento do Sistema Universitario Galego (SUG) dende 2012 ate a actualidade. O labor de investigación do GEA céntrase nas seguintes liñas de traballo:

- Políticas de comunicación e cultura.

- Espazos xeo-lingüísticos de comunicación.

- Produción de contidos: interactividade e interculturalidade.

- Contidos informativos de radio e televisión.

- Produtos para televisión e tecnoloxías aplicadas á produción.

- Programación e audiencias en radio e televisión.

- Comunicación sen barreiras.

- Análise fílmica: Contextos históricos e sociais.

- Os lugares do cinema: documental e autoría.

- Fotografía: usos e discursos.

- Estudos en música popular.

Deixa unha resposta