Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

O tratamento dos sucesos nos informativos diarios de A3, T5, TVG e TVE no ano 2003: A oferta que recibe o telespectador galego

Os sucesos están moi ligados ao xornalismo. Primeiro coa prensa e logo co xornalismo radiofónico, audiovisual e, na actualidade, co xornalismo cibernético a través da Internet. En tódolos soportes e linguaxes informativas os sucesos conforman unha área de noticias importante. As noticias de sucesos que estudamos no presente traballo foron emitidas nas cadeas de televisión Antena 3, Tele 5, Televisión de Galicia e Televisión Española ao longo do ano 2003.

A base deste traballo foi analizar como é a crónica de sucesos á que teñen acceso os telespectadores que viven na Comunidade Autónoma de Galicia a través das principais cadeas de televisión que emitían en aberto no ano 2003 para esa zona xeográfica. O motivo polo que se escolleu ese ano foi a ampla oferta informativa existente entón, con informativos específicos para Galicia nas cadeas privadas que logo non tiveron continuidade.

Descargar

Autor/a: Raúl Luis Quián PérezDirector/a: Dr. Xosé Soengas PérezData de lectura: 01/10/2010Cualificación: Sobresaliente Cum Laude
© 2024 Estudos Audiovisuais