O I+D+i sobre o cinema español posbélico colabora esta semana nun congreso sobre Torrente Ballester o cinema español
O xoves 18 e o venres 19 celebrarase en Santiago de Compostela o Congreso de cinema e literatura Gonzalo Torrente Ballester y/en el cine, organizado polo I+D+i da Universidade de Vigo Gonzalo Torrente Ballester (III) (FFI2012-34025. Mineco – Goberno de España), coa colaboración do I+D+i da Universidade de Santiago de Compostela Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648. Mineco – Goberno de España) e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester.
O congreso está dirixido por Carmen Becerra Suárez e José Luis Castro de Paz (Investigadores Principais de ámbolos dous Proxectos) e participarán destacados expertos na investigación cinematográfica (José Luis Castro de Paz, Julio Pérez Perucha, Santos Zunzunegui, Alejandro Montiel, Manuel Palacio e Héctor Paz Otero), moitos deles membros do equipo do proxecto sobre o cinema español posbélico.
Alternaranse conferencias sobre as relacións entre o escritor e o cinema español coa proxección das películas Rebeldía (1953) e Surcos (1951), dirixidas por José Antonio Nieves Conde con guión de Gonzalo Torrente Ballester.
Tódalas sesións desenvolveranse na Fundación Gonzalo Torrente Ballester e a entrada ó congreso é de balde. Outorgarase certificado de asistencia.
A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]
Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]
A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]